De cando a túa irmá é unha asasina en serie por Eli Ríos


 
Desde a primeira páxina xa sabemos que Korede usará unha primeira persoa para contarnos a historia da súa irmá Ayoola. Sen dúbidas nin reviravoltas tamén coñecemos, desde o minuto un, cal é o tema da novela.
 

 

En capítulos moi curtiños, dúas ou tres páxinas como moito, Korede narra como axuda á irmá a desfacerse do corpo do namorado que acaba de matar e como este feito a leva a reconsiderar toda a realidade que as rodea.

A través desa primeira persoa que nos cativa, Korede achéganos a un mosaico de personaxes nun Lagos que abeira un cambio xeracional: a Nixeria máis urbana e tecnolóxica ao carón dos ámbitos máis tradicionais. Os contrastes dunha Ayoola que é unha influencer, mentres que súa nai e a súa tía argallan casamentos á maneira tradicional.  

- Vocês sabem como é, os homens são muito volúveis. Deem-lhes o que eles querem e fazem tudo por vocês. Mantenham o cabelo comprido e brilhante ou invistam em boas extensões; cozinhem para o vosso namorado e mandem-lhe comida para casa e para o escritório. Afaguem-lhe o ego à frente dos amigos e tratem-nos bem, por ele. Verguem-se aos pais dele e liguem-lhes nas datas importantes. Façam estas coisa e, num instante, ele põe-vos um anel no dedo.

A minha mãe assente sabiamente.

- Ótimo conselho.

Claro que nenhuma de nós está a prestar atenção. A Ayoola nunca precisou de ajuda no que toca aos homens e eu não sou burra ao ponto de aceitar dicas de vida de uma pessoa sem escrúpulos morais.(p.89) 

A oposición de dous mundos que conviven nesta novela e que Korede conxuga e que, ao mesmo tempo, describen as personaxes e delimitan as súas accións. Nunha narrativa non linear, acompañamos a protagonista nestas reflexións, no traballo, na casa, coñecemos as amizades e imos compoñendo, aos poucos, a imaxe completa do quebracabezas como un todo sobre o que interrogarse.

O Tade raramente liga o ar condicionado e costuma ter a janela aberta. Disse-me que gosta de ouvir Lagos enquanto trabalha: o sem-fim de buzinadelas, os gritos dos vendedores ambulantes, os pneus a chiar na estrada. Agora, é Lagos que o escuta. (páx.56)

Esta personaxe do doutor Tade é a que vai expor unha ruptura moi interesante nesa panorámica. Korede é a enfermeira-xefe no hospital en que traballa o doutor. Este comeza a namorar con Ayoola e xusto será este "conflito" o que nos ofrece unha reflexión sobre a que xira toda a novela: a sororidade. Tade pretende desacualificar a Korede e xerar unha desconfianza entre as irmás na liña do amor romántico occidental. Para saber se o consegue ou non, será preciso ler ata a última páxina. Aquí, só daremos unha pincelada para abrir boca:

Sinto-me zonza. Não quero confessar que deixei que ele se intrometesse entre nós as duas, quando ela me escolheu claramente a mim em detrimento dele.(p. 219) 

Si, esta é unha novela que conta a historia dunha asasina en serie, pero tamén que fala da familia, da relación entre irmás, da lealdade, da sororidade, do cambio xeracional, do dano que provocan, ás veces, as redes sociais, dos canones de beleza, dos abusos sexuais, das violencias, ...

Dois pacotes de lenços de papel, uma garrafa de água de trinta centilitros, um estojo de primeiros socorros, uma embalagem de toalhitas, um porta-moedas, um tubo de creme das mãos, uma embalagem de bálsamo para o cieiro, um telefone, um tampão, um apito em caso de tentativa de violação.

Ou seja, o básico de qualquer mulher. Organizo os artigos na minha carteira de pôr ao ombro e saio do quarto... (p. 79) 

A Minha Irmã é uma Serial Killer é unha novela chea de contrastes na que a narradora, cun humor sarcástico e incisivo, nos mostra un panel de personaxes femininas moi potentes e nos insinúa como encaixar todas as pezas para, quizais, comprender a orixe das violencias porque aínda que todo está no texto, non sempre é a primeira lectura a que contén todas as respostas. Polo menos non as que parecen máis obvias.

Oyinkan Braithwaite, A Minha Irmã é uma Serial Killer, Queztal, 2021


 

Comentarios