No mes das Letras Galegas, propoñémosvos encher de postais a sede da Real Academia Galega para apostar por Luísa Villalta como homenaxeada en maio de 2023.
Como? Primeiro, descargando os pdfs; hai dúas opcións segundo cantas se queiran enviar: unha ou catro. Logo, imprimindo a imaxe a dobre cara sobre cartolina. Así xa estará lista a postal! Só queda pegarlle o selo e levala á caixa de correo máis próxima.
Animámosvos a compartir nas redes unha foto ou un vídeo no que se vexa á Nosa Señora das Letras embarcando na caixa de correo, etiquetándonos e usando os cancelos #LetrasGalegasparaLuísaVillalta, #IXDGL, #LuísaVillalta.
Tamén poderás facer un adhesivo!
Luísa Villalta. Unha postal para as Letras Galegas
Reviewed by segadoras
on
12:40:00
Rating:

Ningún comentario: