#Polinización cruzada

Dende a Sega tentamos poñer en valor o traballo colectivo das mulleres na literatura que, coma as abellas, permiten a vida fronte a diversos pesticidos. Para iso nace a idea #polinizacióncruzada , escolle a túa opción e esparexe literatura galega escrita por mulleres.

 OPCIÓN 1 AutorA recomenda AutorA

Les a outras autoras? Gústache a súa obra? Pois é o momento de compartir as túas lecturas. Para iso, grava un vídeo de menos dun minuto de duración no que respondas a estas preguntas:
-Que libro nos recomendas?
-De quen é?
-Por que o recomendas? Que aspectos positivos destacas do libro?

 Tamén, se che dá tempo, podes ler un fragmento, frase…

Envíanolo a assegadoras@gmail.com ou comparte cos hashtags #polinizacióncruzada  e que se espalle a literatura galega feita por mulleres.

OPCIÓN 2 LectorAs recomendan AutorAs  

Les autoras galegas? Gústache a súa obra? Pois é o momento de compartir as túas lecturas. Para iso, grava un vídeo de menos dun minuto de duración en que respondas a estas preguntas:

Comentarios