Un banco para o parque, por Beatriz Maceda



Este pequeno libro, Ella pisó la luna de Belén Gopegui, só en tamaño, é o texto da conferencia impartida pola autora o 20 de marzo de 2019, no marco do ciclo titulado Ni ellas musas ni ellos genios, celebrado en Caixa-Forum Madrid.
O obxectivo deste ciclo é, en palabras das organizadoras:
Cuestionar el modo en que ha solido ser contada “la historia del arte, del pensamiento, de la ciencia”: como “fruto del genio de algunos individuos excepcionales, siempre del género masculino. Semejante visión, deja en la sombra a las mujeres que no solo han acompañado, ayudado e inspirado a hombres las “musas”, sino que con frecuencia ha sido creadoras a su vez. ¿Por qué ellas ocupan siempre un segundo plano?
A proposta que lle fan desde a organización do ciclo a Belén Gopegui é a de falar da relación entre Rafael Sánchez Ferlosio e Carmen Martín Gaite , mais ela escolleu falar das que non foron consideradas musas, nin tiñan notoriedade pública, en concreto falou da súa nai, Margarita Durán.
O texto, case ao comezo, lembra unha cita de Adrienne RIch, poeta e activista estadounidense: Nadie nos dijo nunca (a las mujeres) que tendríamos que estudiar nuestras vidas (...) como si fueran historia natural o música.
Por iso, é importante este curto mais intenso texto, non que a autora vai narrando a vida da súa nai, que podería ser a vida das nosas e que temos  a obriga de narrar porque elas, nais, avoas, bisavoas...si son as musas que fornecen a nosa vida, que fan de nós o que somos agora.
A nosa pel, está feita das súas risas, da forza das súas mans, das decisións que tomaron... como cando Margarita Durán reuniu as nais do seu barrio para estar xuntas mentres as crianzas xogaban no bulevar no que non había un so banco. Entón, escribiu ao alcalde e unha mañá apareceron os bancos para sentarse. Como se cruza na súa vida o Pozo do Tío Raimundo e outras nais que tamén, como ela, teñen fillxs con parálise cerebral.

Cunha narración limpa, reivindicativa, coa emotividade xusta para que as lectoras nos centremos no que é verdadeiramente importante, Belén Gopegui fala da vida da súa nai, mais tamén de esa rede, que malia querer esquecela a historia escrita por algúns durante séculos, a levamos todas na pel. É esa malla invisible aos ollos e tanxible nos feitos. O triunfo da imaxinación e a creatividade.

                                                              Belén Gopegui. Ella pisó la luna. Ellas pisaron la luna.

                                                              Literatura Random House.

Comentarios