Cinco
mulleres, cada unha coa súa historia mais, coa procura do amor sen ataduras e
da vida sen fechaduras como unha rede que as vai unindo ao longo dos relatos.
Pasado e presente entrecrúzanse como fíos nesta mestura de personaxes ficticios
e reais. As súas voces móvense entre a tristura, a alegría, a liberdade, o
amor, o sexo, as posibilidades infindas que temos para explorar os nosos
límites e pensar que non sempre existen, aínda que haxa quen teime e poñelos. Poderían
estar sentadas nunha estación, vendo pasar o seu propio tren ou deixando que
siga de largo, desaparecendo con el iso que a sociedade da en chamar a normalidade.
Percorrer
a vida a través dun banco con frases da artista conceptual Jenny Holzer, na que
os códigos conceptuais son unha crítica aos estereotipos, por iso as súas obras
gustan dos espazos públicos. Creadora de Laments,
unha serie inspirada na maternidade, a violación, a dor, a tortura. Os laios de
trece persoas, foron exhibidos en trece sarcófagos de pedra e en trece
letreiros electrónicos LED; eran os anos nos que o SIDA pasou a ser unha
certeza para unha sociedade que quería seguir cega. A obra de Holzer é a
palabra que revela desde a rebelión.
I am awake in the place where
women die ( Estoy despierta en el lugar donde las mujeres mueren)
Your oldest fears are the
worst. (Tus miedos más antiguos son los peores)
A
rapaza que namora de Gabriela Mistral e que será a súa albacea. Coñécea nunha
conferencia da poeta en Barnard College, o 7 de maio de 1946, e queda
impresionada.
Exisitía en esa mujer mayor,
de apariencia tosca, algo más puro y a la vez más complejo que todo lo que
hasta entonces había conocido.
Comezou
a escribirlle cartas e a buscala até que Mistral accedeu. Empezaron unha
relación de amor que pode lerse nos centos de cartas que Gabriela lle escribiu
a Doris Dana. (A Editorial Lume, 2009,
ten publicado o libro Niña errante. Cartas a Doris Dana). Si, por máis que
unha parte da intelectualidade teimara en negalo, Gabriela Mistral era
lesbiana.
Nesas
cartas, que van aparecendo en parágrafos ao longo do relato de Doris,
reflíctese o amor e a paixón que viviron.
Es muy raro eso de ser feliz,
niñita mía. La dicha se quiebra por el cansancio —el tedio, o por el mero
tiempo. Pero yo sé que te quiero desde que te vi hasta hoy con el mismo
encantamiento anterior y con una curiosa sensación de que hemos vivido juntas
mucho tiempo, mucho antes.
(de Gabriela Mistral a Doris
Dana)
As
mulleres desta historia de historias, están unidas pola dureza da procura do
amor libre, do espazo individual. Nun mundo cheo de estereotipos, no que loitan
contra os medos do pasado sen esquecelos, para atoparse. Para ter o seu propio
cuarto.
La estación de las mujeres. Carla
Guelfenbein. Ed. Alfaguara, 2019.
Gardiás da nosa liberdade, por Beatriz Maceda
Reviewed by segadoras
on
10:06:00
Rating:

Ningún comentario: