Nestas
aventuras des gates con ás, Catwings,
xúntanse catro relatos breves coa mesma base e trama, pero que, cada
un, incorpora un elemento novo que complementa os demais. Os textos
de Ursula K. Le Guin publicáronse entre 1988 e 1989. Nesta edición
recompílanse todos xuntos e engádenselle as ilustracións de S. D.
Schindler.
A
historia nace dun soño que tivo a señora Jane Tabby: poder voar
para fuxir da cruenta vida nun contedor do lixo porque a vida dunha
gata abandonada no medio da cidade non é nada sinxela, non. E este
soño gaña corporeidade cando pare e nacen as súas crías... con
ás! Se á situación de abandono lle axuntamos a crianza en
solitario e os perigos de ser criaturas diferentes, empatizamos coa
decisión da señora Jane Tabby: pídelles ás súas crianzas que
voen lonxe da cidade- ela non pode porque non ten ás- e que busquen novas oportunidades lonxe dos perigos. Así,
Harriet, James, Rober e Telma comezan unha viaxe na que os contrastes
entre a vida urbana e rural nos resultarán moi familiares, a
solución aos problemas dependendo das diferentes capacidades faranos
reflexionar sobre a colaboración ou as perspectivas, a visión,
sobre os intereses capitalistas, de quen vive nas marxes será un dos
momentos de grande profundidade reflexiva ou os intereses económicos
que só tratan as criaturas como moeda de cambio levarannos a unhas
consideracións relevantes que non se explicitan no texto. A
narración representa os momentos importantes para as protagonistas
cun enorme humor, pero coa alegoría ao alcance das nosas mans para
que reinterpretemos os "límites" da liberdade ou as
carecterísticas que definen cada personaxe e como iso determina unha
acción ou outra. A personalidade da camada é moi diferente entre
quen a compón. Igualiño que a nosa sociedade.
Una
paloma bajó en picado hacia ellos y empezó a volar a su lado
mientras los observaba con inquietud por aquel ojo pequeño, rojo y
redondo que tenía.
̶
Pero..., a ver..., ¿que clase de pájaros sois vosotros? ̶
preguntó finalmente.
̶
Palomas pasajeras ̶ improvisó James.
Harriet
maulló unas carcajadas.
La
paloma dio un salto en el aire, la miró y se dio la vuelta para
alejarse en picado, describiendo una ancha y rápida curva.1
A imposibilidade de diálogo
entre animais que non aceptan o diferente dá lugar a situacións ben
cómicas, nalgúns casos como o anterior, pero é inexistente entre
as humanas e a bicharada. Este trazo caracteriza toda a narración.
Así, as pombas, o moucho, ratas, etc, poden entenderse e
comprenderse, pero non coas persoas. Hai unha humanización limitada
á especie animal polo que as personaxes humanas non son quen de
aprehender os sons que emiten e só se relacionan coas felinas desde
a cobiza, a empatía ou a suposición de pensamentos. Pero non só.
Tamén hai humanas que desde o respecto achegan a posibilidade dunha
convivencia respectuosa.
ilustración de S.D. Schindler
Quizais, e só por ser este o
espazo que é, debería comentar que é unha obra recomendada a
partir dos oito anos, pero paréceme tan irrelevante o dato que non o
vou facer. Lede en voz alta para esas crianzas que aínda non teñen
competencia lectora, deixade ao alcance da man para aquelas que xa a
teñen e vós, persoas adultas, entrade sen medo nesta aventura
estético-literaria porque, como mínimo, ides pasar un bo anaco co
sorriso prendido na cara.
K.Le
Guin, U. e trad. de Lago, B., Catwings,
Flamboyant, 2019
1páx.
19
Cando o soño se converte en realidade por Eli Ríos
Reviewed by segadoras
on
10:02:00
Rating:

Ningún comentario: