Grazas por facer posible o VI Día das Galegas nas Letras



As Segadoras queremos agradecer a vosa implicación, o voso apoio e a vosa presenza no VI Día das Galegas nas Letras. A romaría non sería posible sen cada unha das persoas que vos achegastes ata o parque do Castro a celebrar as nosas letras, a Xela Arias, desde un ambiente onde compartir, rir e construír entre todas é o máis importante.

Grazas á familia de Xela Arias que desde o primeiro momento ofreceuse a axudarnos, a estar, en todo o que fora posible e fixera falta. Desexamos que gozarades do día.

Ás artistas que, de xeito altruísta, encheron a xornada de actuacións, música e recitados: Dúas gamberras e un micro, Arancha Nogueira e Sanny, Pandeireteiras do Verducido, Cristal Méndez, Alba María e Queco, Silvia Penas, Laura LaMontagne e Mai.  Tamén a Jesús Andrés Tejada por facer tanto de técnico de son como de músico.

Grazas a Marga do Val, Ana Romaní, Cristal Méndez, Susana Trigo e Rosa Enríquez polas súas achegas á obra de Xela Arias. Tamén a todas as persoas que esparexestes nas redes os versos de Arias.

Ás librarías Lila de Lilith, Chan da Pólvora e Paz por acoller durante todo o ano distintas actividades ao redor da figura de Xela Arias.

Grazas aos medios que difundiron non só o Día das Galegas nas Letras en si, senón tamén o traballo da autora homenaxeada.

Ao Concello de Vigo e á Concellería de Igualdade por poñer á nosa disposición o parque do Castro e proporcionarnos os medios técnicos necesarios.

E agora a traballar, xuntas, no VII Día das Galegas nas Letras!








Comentarios