(A
xeito de introdución)
Coincidimos
en recitais e páxinas de publicacións; ela nacera no 62, eu tamén.
Cos anos coincidimos tamén nesa posición “a-xeracional” que
dalgunha maneira nos acompañou a algunhas d*s que comezamos a
publicar nos últimos 80. No seu caso fortalecida cunha opción
poética que se evidencia non só na voz, tamén no lugar desde o que
fala.
1ª
postal: TAN NEGRA POR ELECCIÓN.
Xela
Arias escolle unha posición estrema para a escritura; un lugar
afastado do código preponderante, unha poética que desafía os
moldes estipulados mais tamén as pautas de corrección social e os
seus mecanismos disciplinarios. A posición - que é unha declaración
de intencións - está xa en Denuncia
do equilibro
e formúlase de cada vez máis nítida, depurada e esixente ata
Intempériome
onde irradia todo o libro; de feito toda a obra é unha declaración
afirmada do lugar onde se sitúa o poema e a poeta. Esa posición é
a da negritude, a do “afora”, a da expulsión.
Intempériome
ábrese cun longo poema. Un fragmento:
“Íspeme
o idioma e sábemo suando en sida.
A
miña querida sida,
veleno
que me inoculo cada día como pregaria
ou
forma
de
Non deixar de me entender castigada dalgunha lei.
A
miña lei, de me nacer así tan negra por elección.
Máis
coitelos para que? Atende, mírame,
mírame
agora a sida,
que
te quero negra,
negra
asombrada fanática africana,
na
batalla da historia en ringleira, adiante,
de
primeiras feras vós desterrados
para
tervos ó fin pacíficas vitorias
nas
terras de ninguén que chaman ás casas:
os
vosos fogares
asolados
de compromisos tan, tan antigos.
E
costumes, negra”.
2ª
postal: INTEMPERIARSE.
(Do
dicionario de Xela) Intemperiarse: acción de exporse á intemperie.
Revolverse. Cuestionar a convención.
Ela
sabe que está á intemperie e quere estar. Díxoo na conversa que
tivemos na radio cando publicou o último libro: o ser humano está á
intemperie, mais tamén unha decídese na intemperie, revólvese,
cuestiónase e cuestiona o que a rodea “a orde establecida,
calquera que sexa”.
Intemperiarse
talvez é por exemplo non publicar
Lilí sen pistolas ou
Maldito
lindo
por autoesixencia, decidirse pola rúa antes que polas aulas, non
axustarse ao modelo, non entrar na rolda dos premios ou organizar
concertos expansivos. Intemperiarse é tamén explorar os outros
lugares do poema: a
indagación nos límites de Tigres
coma cabalos ou
Vencerse
é cousa de se tratar.
O poema fóra do libro, na rúa, a súa liberación do andel.
Porque
non só é discurso o texto, tamén a posición que adopta a poeta.
No seu caso sen colectivos que a aperten, consciente do lugar, do
idioma, do xénero, da nación e da derrota.
“A
unidade componse.
Da desorde.
Desordénome, amor,
e dou co punto
único
do centro dos abrazos.
Abrazo a desorde das
ideas
e sei
que a unidade se compón.
A unidade componse.
Da desorde.”
(de
Intempériome)
3ª
postal: M.M.//X.T//X.A.
Intemperiarse
é tamén desandar os textos e reviralos, fender a sintaxe, abrir a
palabra. Todo o desafío verbal da súa obra lévanos a un territorio
de creación léxica e sintáctica que nos coloca nunha posición
tamén a nós, lectoras, estrema; participamos do proceso sen
compracencias, hai que entrar ao poema con esa mesma audacia. E Xela
Arias revélase da liñaxe das que cruzan a lingua, o idioma, para
ousar outras arquitecturas verbais. Desa mesma liñaxe de Xohana
Torres por exemplo, de María Mariño por exemplo.
“Tal
confundes verso e palabra,
así che estrago os
pronomes.
Obrígate a traballo
novo,
que tamén ti pínta-lo
cadro que axexas.
Pintura de caracteres
no fascinio do
convencional,
se che convén”.
(de
Intempériome)
4ª
postal: POÉTICAS CON ROSALÍA.
Nesta
postal vese a Xohana Torres nun estudio de gravación na Picaraña,
preto de Padrón. Talvez era de mañá ou se cadra xa pola tarde.
Fronte ao atril a poeta, sen auriculares. No atril un poema que
comeza “Ti es para min isa barca que lembra / toda a presencia de
madeiras náufragas”. No medio da lectura deténse. “Sedenta como
un mar / e no teu mar afogada”. Son dous versos que se repiten a
xeito de retrouso. “Quedaría mellor con outras voces”, di.
Talvez fixemos de coro Xela, Yolanda e máis eu. Escóitase en
Daquelas
que cantan,
o proxecto sonoro e textual que reuniu no ano 1997 a once poetas
arredor de Rosalía de Castro. Gravamos os poemas para o disco,
xantamos, fixemos fotos na Casa Museo, falamos... na miña memoria
grávase a conversa con Xela que acababa de retomar estudos na
Universidade. Foi un encontro feliz.
Publicou
en Daquelas
que cantan
o poema A
de quen comprende.
Un
fragmento:
“Inmaculábante.
Eras necesaria.
Inmacúlante. Es o
principio da camiñada.
Mira como así rabenan,
rematan esgotado o teu
dereito a rebentar.
Nada novo, inmaculada
Rosalía.
Tal sempre mulleres
confinadas na construcción
doutros,
comprendes:
revólveseche a arma
contra ti.
A de quen comprende non
é
palabra de feliz”
5ª
postal: TIGRES NOS SEUS BRAZOS.
Hai
unha pantera que cruza o poema de Xela Arias e nesa súa animalidade
o verso toma a forma física do alento que a atravesa. A ela o poema
brótalle entre as costelas e o pulmón, aí onde o corazón percute
na razón outra, na indómita. Hai unha bandada de panteras que
encantan atravesando o poema da negritude por elección. Son panteras
que se gravan no eco do verso como se grava a sombra dos cormoráns
abatidos contra as rochas e os escualos na noite e os bechos. É a
furia indómita, ese animal que respira nos poemas de Xela, tigres
nos seus brazos.
“Intempestiva,
serse intempestiva.
E domea-la furia á
procura
da froita
madura”
(de
Intempériome)
Texto
escrito e lido por Ana Romaní na presentación de Poesía
reunida(1982-2004) de
Xela Arias, en Pontevedra (maio 2019) no encontro literario
Teñamos a poesía en Paz, coordinado
por Helena Torres e organizado pola librería Paz de Pontevedra e no
que participou xunto con Marga do Val, Cristal Méndez e Susana
Trigo.
Xela Arias, tan negra por elección. 5 postais
Reviewed by segadoras
on
20:04:00
Rating:

Ningún comentario: