Tanto na súa proposta poética como autora (As uñas crecen, Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores e Fronteira Paraíso), como figura destacada do Slam Poetry ou na súa calidade de performer e vocalista en Cinta Adhesiva, Silvia Penas é unha das voces máis orixinais, fondas e atractivas do sistema poético e musical galego.
Con voz limpa e rotunda, discurso fragmentario e voraz, en compaña de videoarte e sons electrónicos, os versos fúndense con temas propios cantados para dar lugar a un espectáculo vertebrado polo poético.
Actuará ás 18 h.
Podedes escoitala en: https://cintaadhesiva.bandcamp.com/
Silvia Penas no VIDGL
Reviewed by segadoras
on
08:47:00
Rating:

Ningún comentario: