Laura LaMontagne e Mai no VIDGL



Cantante, poeta e artista audiovisual. Entre recitais analóxicos e Slam Poetrys descubre que na mestura co audiovisual e a música pode atopar algo difente, tal como é a proposta “La Elegía de la Huerta” derivado dun poemario autoeditado do mesmo título.

Durante este ano 2019 traballou na execución musical do espectáculo “Tabú” de Carmen Conde, aportando as súas composicións musicáis basadas en cantigas galaico-portuguesas medieváis, cántigas populares galegas de tradición feminina e ata co poema de Rosalía de Castro “A Xustiza pola man” con ritmos e efectos de estilo electrónico.

Cos seus temas “The catcher in the Rye” ou “Vai pola Costa Vella” (versión dun poema de Luz Fandiño), propón unha reflexión, entre outros temas, coma a historia dos afectos, a dinámica da educación do desexo, a problemática da masculinidade normativa ou a súa propia historia familiar.

A súa actuación será ás 18:30, acompañada do recitado de Mai.


Podedes ver o seu traballo en:  https://laulamontagne.wixsite.com/lamontagne

Comentarios