Dúas gamberras e un micro no VIDGL




Dúas gamberras e un micro é o proxecto de poesía oral e intervención escénica formado por Nuria Vil e Vanessa Glemsel. "Desde 2016, viaxamos de horta en horta pola xeografía movendo os marcos do literario e da improvisación a través da oralidade", describen o seu traballo.

Algúns dos seus traballos son "A revolución das mulleres floreiro", a colaboración coa revista Tempos Novos... Decláranse marcadas polo traballo de Rosalía de Castro e Xela Arias.

Veñen de inaugurar o canal de Youtube Hocus Pocus onde poderedes apreciar parte do seu traballo. Podedes seguilas, ademais, no Facebook (Dúas gamberras e un micro) e no instagram (@duasgamberras).

O 15 de agosto, estarán do VI Día das Galegas nas Letras, ás 13:30 para a sesión vermute.

Comentarios