As Pandereteiras do Verducido no VIDGL


Clara, Candela e Cecilia son as Pandereteiras de Verducido que, tras gañar en 2017, no apartado de músicas tradicionais o Certame Cultivando Música promovido polo Festival da Luz, veñen de sacar o seu primeiro disco, Faíscas.

A música tradicional cun toque divertido e incluíndo instrumentación que normalmente non adoita acompañar ás pandereteiras, apuntan como sinalidentitario. Con letras reivindicativas e musicando algún poema, estas tres mozas tratan de reavivar o lume da tradición e, ao mesmo tempo, espertar o gusto pola música tradicional entre a xente máis nova e para iso propoñen interpretar a música das antergas como o faría Bruce Springsteen.

Actuarán no Parque do Castro a partir das 17:00h.


As Pandereteiras do Verducido no VIDGL As Pandereteiras do Verducido no VIDGL Reviewed by segadoras on 14:34:00 Rating: 5

Ningún comentario:

Con tecnoloxía de Blogger.