A poeta Arancha Nogueira e a cantautora Sanny conforman un dúo que combina o recital de poesía coa música. Estrofas e melodías danse paso unhas ás outras encaixando á perfección.
Arancha Nogueira é autora dos libros o único lugar onde ficar inmóbil, a capacidade de descomposición da luz, spleen en catro tempos, entre outros. Podedes seguila na súa páxina de Facebook ou no instagram en @arancharf. Aquí o seu primeiro videopoema: Feísmos.
Sanny, despois de pasar por distintos escenarios e festivais, vén de gravar o seu primeiro EP. Podedes comezar a escoitala a través da súa páxina de Facebook ademais de descubrir actuacións pasadas e seguir as novas.
Poderedes velas ás 16h, dando comezo ás actividades da tarde no VI Día das Galegas nas Letras.
Arancha Nogueira e Sanny no VIDGL
Reviewed by segadoras
on
08:46:00
Rating:
Ningún comentario: