Alba María é unha das máis novas voces e, por que non dicilo, das escasas femininas dentro do mundo da regueifa e da improvisación galegas.
Auténtica privilexiada do repentismo, mestura a tradición e retranca cunha potente crítica actual.
Logo do seu disco Aínda (Central Folque, 2014) e do seu libro A regueifa en Bergantiños , tamén publicado polA Central Folque, percorre o noso mapa cantando, regueifando, romanceando, improvisando e impartindo obradoiros, unha veces soa, outras coa compaña de Lupe Blanco ou, como nesta ocasión, de Queco Díaz.
Actuarán ás 17.30 h.
Alba María e Queco no VIDGL
Reviewed by segadoras
on
08:47:00
Rating:

Ningún comentario: