Onte á noite soñei que volvía a Manderley.
Así empeza Rebeca, a novela de Daphne du Murier e que inspira o título Manderley
en venta da autora Patricia Esteban Erlés.
Nos dez relatos do libro as casas, os mobles, a roupa, a correa
vermella dun can... que poderían formar parte da nosa vida cotiá, convértense
nunha proxección do estado anímico dos personaxes. Os lugares, nos que nalgún
momento gozamos ou nos que soaron as risas dos atardeceres, adquiren matices
desacougantes. Os retratos pendurados das paredes ollan para nós lembrando
historias que volven; porque sempre hai alguén que nos obriga a repetilas; a
avoa que precisa vestir á neta, cada xullo, coas roupas da súa filla morta e
así, perpetuar ese Manderley que é
un soño do que non se pode fuxir.
En cada obxecto hai unha lembranza, un
recendo a dor ou a nostalxia. Formamos parte desa paisaxe que nos leva
irremisiblemente a estados anímicos que doutro xeito pasarían inadvertidos.
Encontré puesta la llave victoriana en la cerradura de aquel
ropero casi de juguete, como si llevara todo aquel tiempo eperándome.
(do relato Historia de una breve
alma en pena)
Cremos ler en cada relato unha
realidade, mais, de súpeto, xorde un novo espazo do que
cada lectora é dona para poñerlle luz ou internarse na brétema. Pasar da calma
ao desacougo e saberse recoñecida; ter o goce de vivir nun Manderley que
ninguén coñece, que a ninguén revela.
Mandereley en venta, é un libro escuro e tenebroso mais tamén cheo de
lirismo, cunha prosa moi medida nas descricións. Tamén hai humor, ese que sendo
tráxico nace do máis humano.
Resulta un poco difícil de entender pero Sisí, que había
engordado tanto en sus últimos años y se pasaba las horas tumbada en el cojín
de cuadros, volvió rejuvenecida del taxidermista. Deje que diga en mi descargo
que estaba seguro de que Sisí iba a portarse bien después de ser disecada.
(do relato, Sin violín, desde el tejado)
O Manderley, de Patricia Esteban
Erlés, é un lugar ao que volver, tamén en soños.
Manderley en venta. Patricia
Esteban Erlés. (Tropo Editores,2008)
Manderley en venta, por Beatriz Maceda
Reviewed by segadoras
on
08:12:00
Rating:

Ningún comentario: