Unha viaxe á nosa illa interior por Beatriz Maceda



Durante moito tempo, cando alguén falaba da literatura islandesa, sempre era para referirse ao xénero negro, e tamén até hai pouco se preguntabas por escritoras islandesas, directamente non existían. Pero neste momento, podería dicirse que a literatura islandesa ten moitas autoras e moi interesantes. Podemos lembrar a principios do século XX a Somerville e Roos, dúas mulleres que escribían xuntas baixo pseudónimo ( Edith Somerville y Violet Martin), e cuxas obras estaban escritas cunha perspectiva de xénero impáctante para a súa época; elas foron sufraxistas e feministas. Ou máis actual Gerdur Kristny, poeta e autora de famosos contos curtos.
Entre estas mulleres, e habería moitas máis, está Adudur Ava Ólasfsdóttir e a súa novela La mujer es una isla.
Da protagonista da novela descoñecemos o seu nome, pero tampouco é preciso, pois nesa viaxe interior e exterior que fai pola única ruta principal que hai en Islandia, coñeceremos o seu pasado, do que ela aprende para vivir o presente.
Unha medium á que vai obrigada pola súa mellor amiga Audur; o fillo da amiga, un neno xordomudo con certos problemas de mobilidade e unha cabana que gana nun premio; a levan a facer unha viaxe na compaña dese neno tan especial, dos bonecos de peluxe e unha caixa de libros e CDs.
A paisaxe exterior, como en case toda a novela islandesa, acompáñanos ao longo da historia. Esa nacional circular que rodea á illa, dálle seguridade á protagonista para conducir e pensar. Non é posible perderse.
É tradutora e por iso as palabras adquiren un sentido especial para ela, algo que a súa parella non entende:

Palabras, palabras, palabras, exactamente. Toda tu vida gira en torno a palabras y definiciones

Viaxar na compaña de Tumi, engade unha nova linguaxe na súa vida, establécese unha comunicación da que só eles coñecen o seu significado, máis alá da linguaxe de signos.
Mais a verdadeira aventura está no interior da nosa protagonista, por iso nunha das dúas esferas do seu reloxo, a que está libre, ten o fuso horario que ela desexa.
Como toda viaxe, que decide o destino, empeza coa mesma pregunta: que fago aquí? En que momento retrasei algo, ese simple acontecemento que provoca que todo cambie na túa vida.

...si no hubiese ganado un bungaló totalmente equipado en la lotería de los sordos, si no me hubiesen mandado al este todos los veranos hasta que cumplí catorce años, si no me hubiese tomado yogur líquido con muesli en el desayuno, entonces yo no estaría aquí, estonces estaría en otro lugar, entonces yo sería otra.

Velaí, unha das moitas preguntas para as que non sempre temos unha resposta. Pero o realmente importante é a viaxe.


La mujer es una isla. Audur Ava Ólafsdóttir. Edt. Alfaguara (2004)
Tradución ao español de Elías Portela.


Comentarios