Luisa
Villata naceu na Coruña, para contárnola, un 15 de xullo do ano
1957...
Nacín
Abriuse o caborco globular do meu ollo
O
vento dispersou o día un instante e caín
xunto
a toda a miña xerazón no trinque da idade
como
se nunca antes aínda que sempre
Licenciada
en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa, exerceu como profesora
de Lingua e Literatura galegas no ensino medio. Mais a palabra tiña
que mesturarse coa música, e como Titulada Superior en violín,
formou parte da Orquestra de Santiago de Compostela até 1985; e máis
tarde da Xove Orquestra de Galicia, así como de diversos grupos de
cámara galegos.
Foi
poeta, para descubrirnos a outra cidade. Esa que na que os corpos
bolen na procura de si mesmos.
O
Papagaio mudo, caído entre as flores das meias verdades.
Luisa
Villata foi poeta, narradora, dramaturga, ensaísta e tradutora,
amais de virtuosa violinista.
Na
poesía debutou con Música reservada (1991); logo virían,
Ruído (1995); Rota ao interior do ollo (1995);
En concreto (Premio Espiral Maior de poesía no 2003);
Papagaio (2006. Póstumo). Música e poesía son inseparables,
o ritmo no seus poemas vai máis alá da estética, é a pel da
palabra.
No ano
1992, publica a primeira obra de narrativa Silencio, ensaiamos,
Teoría de xogos (1997) e ...
Silencio
me chaman porque neste tempo en que vivo non se me escoita.
As
chaves do tempo (2001)
Escribiu
catro obras de teatro: Concerto para un home só (1989); O
representante (1990); O paseo das esfinxes (1991) e As
certezas de Ofelia (1999).
Escritora
que traballou todos os xéneros, non deixou de escribir ensaios
como: O don Hamlet de Cunqueiro: unha actuación teatral
(1992) e O outro lado da música, a poesía (1999); no que a
relación poesía-música é evidente xa nalgúns dos seus títulos.
Escribiu
artigos nas revistas Grial, Man común, Mondo Lusófono, A festa
da palabra silenciada, A trabe de Ouro, Tempos Novos, Página abierta
ou Agália.
Sempre
estivo no lugar preciso e coa palabra concreta a prol da lingua e a
cultura galega.
Formou
parte, xunto con Xela Arias, dese grupo de escritoras que abriron
novas vías de experimentación na escrita, cunha nova estética,
pensamento e reflexión que crearon a cerne, xunto con moitas outras
mulleres do que xa é o orixinal corpus da poesía actual galega.
O vento, segue pousando as túas palabras nas pedras da Cidade Alta e
mentres, escoitando a Partita nº 2 para violín só de J.S. Bach;
esperamos o día no que sexa a cidade a que olle para ti.
A palla que fai palleiro. Luísa Villalta. A palabra e a música
Reviewed by segadoras
on
08:21:00
Rating:

Ningún comentario: