retrato feito por Lorena Conde
Trebellado de letras.
Gloria Sánchez
Meterse nun libro de
Gloria Sánchez é como caer nun mundo tolo onde todo é posible. Dá
igual poesía, narrativa ou teatro. Sánchez traballa os tres xéneros
con tanta liberdade e destreza que cada liña se converte nun xogo
moi ben pensado. Quizais sexa un dos motivos polos que podemos
considerala como unha das precursoras e grandes autoras de literatura
infantoxuvenil galega.
O seu gusto pola
experimentación formal e léxica –mesturando verso e prosa ou
revolvendo as palabras ata convertelas en imaxes–, o medioambiente
e a tradición oral son algúns dos elementos recorrentes nos seus
textos. Cómpre lembrar que Sánchez investigou as historias de medo
e o terror tradicionais infantís na obra inédita, Aqueles
medos na que se abordarían personaxes como Pedro Chosco, o
Gazafellos ou os Biosbardos.
En 1991 publica a súa
primeira obra, Rimas con letras, libro de poesía traducido ao
braille. Ese xogo coas coa palabra e o debuxo, moitas veces a través
do trazo, podémolo atopar en practicamente toda a súa poesía.
En 1990 gaña o premio
Merlín polo libro Fafarraios, publicado un ano despois, e que
entrará na lista de honra IBBY en 1994. Nel aparecen unha morea de
personaxes: animais, bruxas, piratas, vampiros… que se contabilizan
a través dos fafarraios.
“A bruxa
curuxa,
nariz afiado,
non toma churrasco,
nin toma verdura.
nariz afiado,
non toma churrasco,
nin toma verdura.
A bruxa curuxa
prepara un feitizo
con sapos e grilos
con serpes e viño.
prepara un feitizo
con sapos e grilos
con serpes e viño.
Á bruxa
curuxa
caéronlle os dentes,
por este menú
tan pouco corrente”.
caéronlle os dentes,
por este menú
tan pouco corrente”.
Estes personaxes son
habituais nos seus libros quizais pola súa personalidade libre, sen
prexuízos, tradicionais e, incluso, rocambolescos. Personaxes que
sen dúbida farán rir a quen le. En 1994, escribe O capitán Ro e
o gato Bo, piratas que reaparecerán que no ano 2000, na aventura
d´O grande Tronante, que lle valerá a Sánchez a entrada na
lista White Ravens.
“O capitán Ro e o
gato Bo
quedaron de pedra.
O Grande Tronante
colleunos entre os dedos e dixo:
-¡Mira ti! Pero se é
o bandallo de Romualdo!
Así que viñas roubarme
o meu tesouro, eh?
-¡Non señor, eu non era!
¡Foi este! ¡Foi o gato!
¡Non me coma, señor! ¡Non me coma!
-imploraba o capitán”.
quedaron de pedra.
O Grande Tronante
colleunos entre os dedos e dixo:
-¡Mira ti! Pero se é
o bandallo de Romualdo!
Así que viñas roubarme
o meu tesouro, eh?
-¡Non señor, eu non era!
¡Foi este! ¡Foi o gato!
¡Non me coma, señor! ¡Non me coma!
-imploraba o capitán”.
Sánchez quere divertir,
entreter. Este afán polo xogo podemos observalo en A raíña de
Turnedó (1996), onde nun conto-poema se van sumando elementos
convertendo o texto nun trabalinguas no que se precisa a colaboración
de quen le, que debe amosar sorpresa ou entusiasmo polo que acontece:
“Este é o
dragón
Venancio Feroz
que sae do ovo
que puxo o corvo
que aniña no rei
que guía o coche
que tira do carro
que leva o cabalo
que monta o lacaio
que arrola á princesa
que garda a vaíña
do mato do xardín
da raíña de Turnedó.
Venancio Feroz
que sae do ovo
que puxo o corvo
que aniña no rei
que guía o coche
que tira do carro
que leva o cabalo
que monta o lacaio
que arrola á princesa
que garda a vaíña
do mato do xardín
da raíña de Turnedó.
Exclamen: Oooooooh!”
No teatro non perde ese
sentido do humor. En 1999, publica Teatro feroz, que recolle
tres pezas. Na primeira revisa o conto da Ratiña Presumida, que
torna, polo seu carácter, en feroz. Nesta representación, a autora
pensou, a través da introdución de coros, naquelas crianzas que
quedan sen papeis. Na segunda, conta a historia tradicional do Galo
Quirico, recuperando o papel do raposo. Remata este teatro cunha
historia na que é a muller quen merca ao marido, cambiando os roles
habituais:
“MULLER
Eu queríalle un marido
de grande como unha mesa.
O pelo cor de acibeche
e os beizos de cereixa.
Que saque o can a mexar,
o lixo ó colector,
que saiba arrolar o neno
cando se poña a chorar.
¡Ah, xa me esquecía!
A poder ser que herdara
moitas leiras dunha tía. “
Eu queríalle un marido
de grande como unha mesa.
O pelo cor de acibeche
e os beizos de cereixa.
Que saque o can a mexar,
o lixo ó colector,
que saiba arrolar o neno
cando se poña a chorar.
¡Ah, xa me esquecía!
A poder ser que herdara
moitas leiras dunha tía. “
É no teatro e na poesía
onde vemos con máis claridade o interese de autora de facer
partícipes ás crianzas do que acontece entre as liñas.
Aínda que na narrativa
amosa un maior distanciamento con respecto ao lectorado, tamén
atopamos ese ton humorístico. En Doutor Rus, co que gañou o
premio Edebé en 1994, coñecemos especies animais de todo tipo e a
problemática natural, humana ou máxica á que se enfrontan. Estes
animais complicarán a existencia do veterinario. Un canto á
natureza frecuente nos textos de Sánchez que lembra, dun xeito
práctico, que convivimos con outros seres vivos.
Esa convivencia xunto ao
cotián fan que as historias de Sánchez resulten próximas, sen
importar quen sexa a protagonista. Así, as bruxas non saben fritir
ovos en Sete casas, sete bruxas e un ovo (1997), e teñen
instintos maternais en Sete bruxas e o bebé máis feo do mundo
(2012).
Chinto e Tom (2002),
premio Lazarillo, son dous rapaces que levan o cotián á máxima
expresión. O cariño por unha cama que non entra nunha casa
construída por eles mesmos, a dor por perder un tractor que tanto
traballo lles salvou, mestúranse con eses medos infantís
tradicionais dos que Sánchez é experta:
“Ó vampiro dinlle o
Vión Malo. Téñenlle tanto medo que non se atreven nin a pronunciar
o seu nome. A palabra vampiro prodúcelles arrepíos. Así que lle
chaman Vión Malo ou O Malo, sen máis. Eles dous ben se entenden”.
Nos libros de Gloria
Sánchez os problemas soluciónanse a base de enxeño, compañeirismo,
intelixencia e imaxinación. Tanto é así que Chinto e Tom acaban
sendo axudados por Cándida, unha xiganta.
Malia ser o riso algo
común ás obras de Sánchez, esta non lle teme á tristeza ou aos
problemas, incluso na súa cara máis cruel. Así o demostran libros
como A casa de vidro do señor Clin (1999) ou Frangulla
(2002), onde volve tratar a natureza, mais desde outra
perspectiva: desde a morte, a supervivencia ou os problemas entre
irmáns:
“Cando vén entrando
a noite mamá acóllenos entre as súas patas e cóntanos historias.
A min gústame escoitala de Terceiro, o conto do pequeno osiño, tan
pequeneiro e consumido que non deu chegado ó mar. Quedou teso sobre
a neve. Os seus ollos pecháronse e o seu morro cubriuse de
carambelos. E morreu. Di Mamá-Nanuk que morrer é cando te atrapa o
Sono-Longo, un sono mesto que atravesa sen os ferir. A súa nai e os
seus irmáns continuaron a viaxe, cara ó mar. Pero entón apareceu a
Osa-Nai e púxoo no seu peito a mamar do seu leite máxico. Terceiro
reviviu e medrou san e forte e disque cando chegou a vello, e caeu de
novo no acubillo do Sono-Longo, converteuse no Grande-Espírito, guia
de tódolos osos polares (…) a min gústame escoita-lo conto de
Terceiro, pero tamén me pon triste a un tempo. Eu non quero ser un
espírito, un oso-pantasma, chantado aló no ceo tan soíño” .
En conclusión, Gloria
Sánchez é unha mestra á hora de mesturar realidade e fantasía,
sen fuxir dos medos, usando o humor e o xogo como mellor xeito de
achegar a literatura ás crianzas.
Andrea Barreira
A palla que fai palleiro. Gloria Sánchez
Reviewed by segadoras
on
08:24:00
Rating:

Ningún comentario: