En
2003, despois de publicar Cito na colección de poesía da editorial
Xerais, queda muda a voz poética de Emma Couceiro (Cospeito, 1977)
unha das grandes poetas da chamada Xeración dos 90.
Envolta
a súa militancia poética na organización, xunto con Yolanda
Castaño, dos recitais poéticos da Facultade de Filoloxía da UdC,
dase a coñecer con Humidosas, en 1997, a raíz de recibir o Premio
Espiral Maior. A propia editorial publicará este poemario hermético
e íntimo, no que chanta os alicerces da súa poética
autorreferencial e chea de introspección que foi moi aplaudido por
crítica e público lector naquel intre de pura efervescencia da
poesía.
En
Couceiro as personaxes do cotiá conviven con fantasmas e efluvios
telúricos nun ambiente pechado de desolación e enigmas nunha das
propostas máis orixinais e ecoantes das feitas nesta década en que
a voz das poetas novas, aínda estudantes, xera e organiza un cambio
poético nas percepcións do corpo, do erotismo, do eu muller como
actuante-suxeito e non obxecto referencial da poética erótica ou
amorosa que se formulou ata o momento.
É
Humidosas un camiñar cara os adentros familiares e persoais que
sacrifica o silencio da intimidade a través do verso que se
interroga, multiplica e abre cara ao exterior en As entrañas horas
(Ediciós do Castro, 1998, Premio de Poesía Eusebio Lorenzo
Bailerón).
Demos
tantas voltas para chegar aquí
e debullar humidosas
que só quedamos nós e as nosas preguntas.
e debullar humidosas
que só quedamos nós e as nosas preguntas.
De
aquelas que asubiaban a melodía de criatura
e nome
deixamos rastros
e nome
deixamos rastros
porque
pasa o tempo.
De
Humidosas
O
desdobramento do eu, co que adoitaba xogar e comunicarse en
anteriores obras acada a súa plenitude no que é, ata o momento, o
seu último libro editado, cito (Xerais, 2003) onde é a propia Emma,
eu literario, quen interpela e dialoga con outros escritores como
Stendhal ou Kundera. Couceiro paira sobre un micromundo de relevo
literario capturado da súa bagaxe literaria e filolóxica e crea
unha ponte metapoética cara a si mesma.
(Cuarta)
- A cegueira
En Juliette, recibía todo o sol e toda a mina de xofre nas túas cartas. Os nenos subían a casa a esa mesma árbore e tal vez había unha guerra, unha torre e unha catarata dentro; pero o resto da historia, vista dende aquí, non ten sentido. Podo falar, sen embargo, da cegueira. Mollaba os pulsos para o leite cando no medio da sega o neno choraba, todo o meu xornal non abondaba para salvar a túa vida no faiado, que morrías alí (coas vendas e a calor e a madeira podre baixo as costas) Anos despois recóllome nos brazos e son costureira, espunto os baixos das saias e remendo unha pel axeitada
(enxoita)[…]

de (Cito), 2003
Antologada
canda outras voces da súa xeración en obras como Mulher a fazer
vento (Ediçoes Tema, 1999), d´Efecto 2000. Antoloxía de Poetas dos
90 (Letras de cal, 1999), Das sonorosas cordas (2005 ) ou Polifonías:
voces poéticas contra a violencia de xénero
(Espiral Maior, 2006), lugares e momentos onde pervive o eco do seu
verso aínda que o seu ronsel vaia diluíndo ata non aparecer os seus
poemas durante máis de tres lustros.
Emma Pedreira
A palla que fai palleiro. Emma Couceiro
Reviewed by segadoras
on
07:56:00
Rating:

Ningún comentario: