Retrato feito por Lorena Conde
A autora pontesa foi unha
das poetas que se circunscribiu á chamada Xeración dos 90 aínda
que o fixo por data de produción, xa que a súa obra, composta polos
poemarios Rendéome no tempo (1998, autoedición), Ámome en por min
(Espiral Maior, 1999), O peso da derrota (Espiral Maior, 2000) ou
Lenzo das madrugadas (Follas Novas, 2003), comezou a publicarse nos
anos clave do boom da poesía escrita por mulleres.
En 2005 gaña o
prestixioso Premio de Poesía Miguel González Garcés, o que lle
vale para botar do prelo O pozo da ferida, publicado pola propia
Deputación da Coruña, promotora do dito certame. É esta unha obra
arriscada e potente por ser dona dunha voz feminista, das primeiras
en denunciar as violencias contra as mulleres e de facer un retrato
social da nosa época cunha linguaxe limpa de estéticas baleiras e
si moi intensa na súa intención.
En
prosa debuta no volumen Narradoras (Xerais, 2000) proposta de
renovación de mulleres para a narrativa en eclosión e, nos mesmos
ano e editora, publica Dubido se matei a Lena, un pequeno conxunto de
relatos descarnados, rotundos e de prosa seca e dura que abrangue
temáticas como a dor, o sexo ou a morte.
Posteriormente
Baía publica O trevo da sorte (2003).
Despois da súa incursión
na narrativa e logo do impacto do seu último poemario pola fonda –e
para algúns incómoda- crítica social, Romero publica tres novos
libros de poesía que, se cadra por pentencer dous deles a unha
editorial moi pequena, non teñen a distribución e a visibilización
merecidas. Ao mesmo tempo varía o seu ton e a contraposición coa
etapa anterior faise evidente. En palabras da propia Medos Romero, o
seu traballo de enfermeira inflúe na súa percepción sobre a dor e
a vida e redefine a súa nova poética. Froito desta etapa son A
seitura dos tristes (Follas Novas, 2006), Do corpo e a súa ausencia
(Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 2010) e A ansia do lóstrego
(Follas Novas, 2012).
Desde 2012 non volve
publicar libro individual e só en moi contadas ocasións aparece en
obras colectivas como Versus cianuro ou 150 poemas para Rosalía.
O
xigante impón a dentadas
a súa virilidade hostil e poderosa.
Morde e avanza.
Tronza con insistencia
no ventre da balea.
A noite é un bocado enfermizo e letal,
po, friaxe e un perigo inequívoco
rondando as horas precisas e lamacentas.
Vaise derrafando a chuvia.
Unha humedén persiste.
Aquí, contra o mundo e a rocha,
na boca moura deste inferno,
pernoctan os mineiros.
a súa virilidade hostil e poderosa.
Morde e avanza.
Tronza con insistencia
no ventre da balea.
A noite é un bocado enfermizo e letal,
po, friaxe e un perigo inequívoco
rondando as horas precisas e lamacentas.
Vaise derrafando a chuvia.
Unha humedén persiste.
Aquí, contra o mundo e a rocha,
na boca moura deste inferno,
pernoctan os mineiros.
De
O pozo da ferida (Deputación da Coruña, 2006)
A palla que fai palleiro. Medos Romero.
Reviewed by segadoras
on
08:48:00
Rating:

Ningún comentario: