A palla que fai palleiro. Xela Arias. A fenda pola que zoa o vento para pensarnos por Beatriz Maceda
Retrato feito por Lorena Conde
A
poeta e tradutora Xela Arias, se nos centramos stricto sensu
nas datas, pertence á década da poesía dos oitenta. Mais, no caso
desta autora, sería sen dúbida facer unha xeneralización inxusta.
Nos
primeiros anos desta década abundaban os fanzines,
as revistas literarias e a prensa que tiñan a ben publicar
poesía, relatos e artigos literarios; algo que por desgraza tivo
unha curta vida. Velaquí o primeiro espazo no que Xela Arias empeza
a publicar a súa obra. Algúns deses poemas formaron, máis tarde,
parte dos catro libros de poesía publicados entre os anos 1983 e
2003.
O
primeiro deles é Denuncia do equilibrio (1986. Colección
Ventobranco. Edicións Xerais. Finalista Premio Antón Losada
Diéguez) no que xa inicia esa conversa “co
outro eu” ; no que se mesturan a paisaxe urbana coa
interior e cunha presentación do amor innovadora.
No ano
1990 publica Tigres coma cabalos un diálogo entre a imaxe
(neste caso a fotografía) e o texto poético. Un libro no que a
visión da época que lle tocou vivir e a relación con ela mesma
laten en cada verso.
E
tamén neste mesmo ano cando aparece a única mostra narrativa de
Xela Arias, o relato “Que
si que si” que forma parte do volume colectivo Contos
eróticos/Elas, Edicións Xerais.
Darío
a diario é o seu terceiro libro de poemas escrito despois do
nacemento do seu fillo. Nel, e por primeira vez na poesía galega, a
poeta enfronta a maternidade sen idealizacións, cuestionándose as
ideas preconcibidas sobre ser mai, así como un diálogo na procura
da independencia do novo ser.
Nada
que ver coa posesión.
Non
te posúo nin quero.
Cóidote,
ámote e manteño a esperanza
de
aprenderche a te posuíres.
O seu
derradeiro libro de poemas é Intempériome (2003), todo un
exercicio de innovación lingüística. Está dividido en tres
partes: “E así que me din que agarda”; “Corazón cuestión”
e “Vencerse, é cousa de se tratar”.
Mais
tamén temos á Xela Arias tradutora. Impulsou a tradución como un
compromiso coa lingua galega, nun momento no que aínda non se abrira
a xanela a outros universos literarios. Traduciu obras do portugués,
inglés, italiano e foi pioneira traducindo a Rodari Contos do
teléfono.
Recibiu
varios premios polo seu importante labor como tradutora: o da
Sociedade da Lingua Portuguesa por Amor de perdición, de
Camilo Castelo Branco (1986, Xerais); o Ramón Cabanillas por O
derradeiro dos mohicanos de James Fenimore Cooper (1993, Xerais)
e, postumamente, o Plácido Castro no 20014 por O Spleen de París,
de Baudelaire.
Vide.
Convídovos ó
espectáculo de non ser para ser de todo.
Vide que vos
convido
a vos ver.
Ven que te reto
a te ver a ti
desde ti en ti.
Do
libro “Intempériome”. Vencerse e cousa de se tratar.
A palla que fai palleiro. Xela Arias. A fenda pola que zoa o vento para pensarnos por Beatriz Maceda
Reviewed by segadoras
on
08:00:00
Rating:

Ningún comentario: