Questionário fou(cinha): Verónica Martínez
1.
Con que frecuencia/cantas veces che fixeron un cuestionario con
preguntas machistas, estúpidas e inapropiadas como por exemplo: con
que famoso compartirías toalla, que vicios non soportas da túa
parella e cousas semellantes?
Por
escrito, nunca. Preguntas fóra de lugar hai séculos que perdín a
conta, pero coido que, de media, sairía a un par delas á semana. Na
actualidade xa non calo, así que de cando en vez din sobre min:
-Verónica
fíxolle a X un Kennedy: viña a «Dallas» e acabounas levando.
2.
Cantas veces te chamaron "rapaza" nun contexto literario
profesional? (valen sinónimos: moza, chica, rapariga, nena,
nenita...)
Nunca
estiven nun contexto literario «profesional»,
pero na miña vida, moitas!, sobre todo neniña e nenita,
para colocar despois unha frase na que se supón que debo facer algo
diferente do que a min me parece pertinente. Detectei paternalismo e
machismo por parte de «culturetas» varóns en multitude de
ocasións, ás veces con alusións ao meu físico ou ao contido
erótico dalgún poema da miña autoría.
3.
Cando foi a última vez que viches unha comedia romántica e
quixeches matar alguén xusto despois?
Teño
vontade de asasinar varias veces por semana, para iso non preciso ver
comedias románticas: suscítanmas as múltiples inxustizas que
vivimos todas cada día. E non só sinto carraxe cara aos que as
comenten: tamén contra os que as xustifican, silencian ou minimizan.
4.
Cando foi a última vez que queimaches un suxeitador, tuneaches unha
parede/estatua/estrada,...?
Teño
poucos suxeitadores, non gusto de utilizalos, e é unha prenda cara,
así que nin queimei ningún nin penso facelo. Tuneei varios pasos de
peóns xunto coas miñas alumnas, con poemas de compañeiras aló
polo 2013 en Ribadeo. Tamén pola mesma altura, a través da
disciplina artística do gravado, e utilizando a técnica de «chave
en man»,
decorei o coche dun home cun epíteto que eu consideraba que lle
resultaba moi acaído. Así que, se me les: si, meu rei, fun eu.
5.
Con que feminista viva ou morta non compartirías toalla?
Morta
con ningunha, porque xa non a precisan; vivas prefiro non dicilo, son
moi re-coñecidas e moi «feministas»,
e non sería moi correcto pola miña parte.
6.
Cando escribes se tes fill@s? De onde sacas o tempo?
Non
teño fill@s
pero tampouco tempo. As persoas sen fill@s
tamén precisamos tempo para conciliar con nós mesmas e coas nosas
vidas. Escribo moi pouco, non sei se por preguiza, por falta de
tempo, por desorganización ou por simple falta de inspiración ou
motivación.
7.
Escribes para mulleres, sobre "temas de mulleres" ou a
crítica falou da túa obra como "literatura feminina"?
Escribo
para mulleres e sobre temas de mulleres. Que outra cousa podería
facer se son muller? Acaso hai algo máis arredor do que escribir
sendo muller? (retranquísima on).
A
crítica, feita maioritariamente por homes, como era de agardar, non
entendeu ren. Comentaron que era «literatura
feminina»
ou que nin a literatura chegaba; iso si, houbo tamén que usou
cualificativos como feminazi, ou que todo era moi «fem»
ou «moi
extremista».
En fin, o habitual.
8.
Quantas vezes te aplicaram o substantivo meiga, feiticeita, fada?
Facendo
referencia ao meu ollar, un par delas.
9.
Cantas veces che preguntaron que escritorEs son unha referencia para
ti?
Sempre
que me preguntaron polOs meus referentes, eses que estudamos, porque
non había mulleres cuxa obra se incluíse na educación formal. Así
que tiven que ilas descubrindo pola miña conta ou coa axuda de
compañeiras que andaban na mesma procura. Por sorte para min, tiven
a oportunidade de coñecer a moitas delas en persoa. Dende entón,
cando me preguntan polOs meus referentes, explico cales son esAs
autorAs de referencia para min.
10.
Cantas veces te chamaron poetisa (se escribes poesía)?
Moitas,
e ata me hospedei nun hostal que se chama deste xeito por aquilo de
seguir coa brincadeira. Entendo que ten que haber diversidade no uso
da linguaxe e non todas falamos igual. Gusto de todas as
diversidades, incluída a estupidez humana, daqueles que usan
«poetisa
de xeito consciente e despectivo».
11.
Qual é a personagem feminina mais patética que leste num escritorO?
Moitas,
todas as que viven para e por eles, sen un lugar propio.
12.
Qual é personagem masculina mais patética que leste num escritorO?
Un
asasino en serie de mulleres que, despois de deitarse con elas,
asasinábaas porque, na súa opinión, tiñan que vivir frustradas na
superficialidade, por non buscar relacións máis profundas e só
esporádicas. Na narración, bautizábaas co nome da bebida que
tomaban e, na tumba, plantáballes unha árbore enriba, enterrándoas
no seu xardín. Confeso que era xurado nun concurso ao que se
presentou ese libro: do contrario, non o tería lido.
13.
Um paiaso da vida real...
Respecto
moito a profesión de paiaso, pero calquera que se sinta atacado polo
feminismo e/ou que empregue, polo serio, conceptos tan patéticos
como «denuncias falsas».
14.
Um paiaso da vida literária...
Reitero
que respecto moito a profesión de paiaso, á que considero un asunto
de suma importancia. De non ser así, Pérez-Reverte sería un dos
meus favoritos.
15.
Qual foi a última vez que che enviaram a esfregar pratos/fazer
camas/passar a fregona?
Hai
moito tempo xa, pero era como eufemismo de mandarme á merda ou a
tomar polo cú, claramente. Hai miles de xeitos sutís e eficaces de
invisibilizarnos: só os machistas máis zoupóns e primarios
precisan recorrer a algo así.
Lembro
hai séculos, na adolescencia, cando íamos buscar á casa a un amigo
para que baixara á rúa, saía a súa nai á fiestra e berrabanos:
«Porcas,
porcas que sodes todas unhas porcas, que seguro que aínda tedes os
cacharros sen fregar e as camas sen facer. Ide fregar os pratos,
porcas... e deixade tranquilo ao meu fillo!!!».
Non sei se esta anécdota serve.
16.
Qual foi a última vez que exerceches de crica testemunhal no meio do
nabal?
Non
lembro agora mesmo, pero sempre que sucede, procuro que a miña crica
sexa moito máis que testemuñal.
Questionário fou(cinha): Verónica Martínez Delgado
Reviewed by segadoras
on
08:35:00
Rating:

Ningún comentario: