Escoller A balada dos unicornios de Ledicia Costas era unha aposta segura para unha tarde de lectura tranquila e apracible. Viaxar da man da autora ao Londres victoriano e acompañar as aventuras de Ágata McLeod na Escola de Artefactos e Oficios. Encántame o steampunk e a escrita coidada de Ledicia Costas. Estaba segurísima que a precisión lingüística que caracteriza as súas obras me ía facer gozar do ambiente de cascos voadores, teteiras motorizadas, arañas articuladas e, sobre todo, de unicornios moi especiais. A balada dos unicornios, un sofá e un café. O plan perfecto se non fose porque a autora tiña outros propósitos para nós, queridas persoas lectoras: aquí non hai un momento de tregua! nada de monear diante das páxinas!
Desde a primeiras
liñas hai personaxes coas que imos leirar e outras que nos van
enfadar (e moito) e non porque a narradora nos faga descricións
interminables, non. Son as propias personaxes as que nos revelan o
seu caracter polo que fan ou din:
̶
Vixía o teu saco de ferralla, non vaia ser que desapareza nun
despiste ̶
apuntou a gobernanta atuándoa de xeito deliberado.(páx.
16)
Linguaxe
descarnada, nunha acción constante, na que as personaxes non son
maniqueístas. Non hai boas ou malas persoas. Hai circunstancias nas
que os sentimentos de rabia, odio, etc, dominan a protagonistas e
antagonistas e, tamén, ao contrario. A amizade esporea a Ágatha
McLeod para facer cousas imposibles (ou que cría que eran
imposibles), pero, tamén, o amor infinito de Cornelia polo seu fillo
lévaa a mover ceo e terra para liberalo. Si, Cornelia, a mesma que
afirma " O
da túa amiga, esa dos dentes de aceiro, non foi nada persoal.
Devorei o seu corazón coma tantos outros ao longo da miña vida. Iso
si: recoñezo que este me soubo a gloria. Relámbome só de recordar
o seu sabor doce e intenso"
(páx 142)
O
café arrefriou neste sofá do que non me movo. Esta viaxe inzadiña
de misterio e intriga, envólveme cada vez máis. Ese mundo complexo
cheo de criaturas fantásticas, países sorprendentes, escenas
arrepiantes e momentos sensacionais, case, emocionalmente, poéticos,
tenme atrapada sen remedio.
̶
O amor non sucede, amigo. O amor mastígate por dentro dun xeito
inexplicable. (páx.31)
E
as voces propias de cada personaxe ofrecen diferentes perspectivas
das tramas e isto é un non parar sensorial, unha montaña rusa que
sobe e baixa sempre con esa salmodia penetrante do Destripador que
persegue a protagonista: Fóra
os intestinos, quero os riles limpos, quero as túas tripas, quero os
teus pulmóns. O
tempo todo. A angustia de saber que está aí aínda que non o
vexamos, aínda que non apareza nun capítulo. Unha presenza
constante, ao longo da narración, que só nos permitirá coller aire
o tempo xusto, pero á que é necesario apoñerse porque "
a tristura ten patas de araña e medra."(páx.
168). Ainda que non só. A tristeza faise grande se non reaccionamos,
pero "... tamén
medran os soños, e a chuvia cando cabalga fuxindo da súa nube. E ti
e eu, cos nosos contos de inverno e os sorrisos de nenos raros, que
non comprenden a cor das lágrimas nin o sabor da tristura"(páx.
168). E, nesas palabras dos contos, engurraremos o corazón, unha vez
máis, na procura desa persoa que "ten a capacidade de coser e descoser o aire"
(páx. 191) para tentar que esta novela non remate tan axiña. Manter
a narración no ceo da boca.
Recollo
o café, que non tomei, e lembro que non vos falei de unicornios, da
Cidade dos Cans, de León, de Tic Tac, da Cova dos Escaravellos nin
dos inventos fantásticos e, nin tan sequera, de Branca Dogo. Tócavos
ler e mergullar entre as liñas porque, como di a narradora, esta(s)
é outra(s) historia(s) necesaria para comprender o fóra
os intestinos, quero os riles limpos, ....
Ledicia Costas, A balada dos unicornios, Xerais, 2018
Coser e descoser por Eli Ríos
Reviewed by segadoras
on
11:37:00
Rating:

Ningún comentario: