Os títulos nos libros teñen a súa importancia, e se son de LIX,
probablemente máis. Ás veces, aparecen como por arte de maxia,
incluso antes de empezar a escribir a historia, outras polo medio do
proceso da escrita; mais tamén hai ocasións en que temos que
buscalos con toda a imaxinación posta ao seu dispor e, até pedir
axuda a “esas histéricas”, como chamaba a poeta Wislawa
Szymborska ás musas.
“A
evolución de Calpurnia Tate” é un título fermoso que
inevitabelmente, achéganos a Darwin e ao seu libro “A orixe das
especies”. Así é, que cada capítulo da novela comeza cun
parágrafo do libro de Charles Darwin.
Cando
un naturalista novo comeza co estudo dun grupo de organismos
completamente descoñecido para el, ao principio vacila moito no
intre de determinar as diferenzas (...) porque non sabe nada verbo da
cantidade e xeitos de variacións aos que está suxeito o grupo...
Utilizar,
na mellor das acepcións da palabra, a Darwin para contarnos a vida
da nena de once anos ten tamén o seu aquel. Estados Unidos, que xa
sabemos é unha país cheo de contradicións, leva de sempre dividido
entre os Creacionistas, e os que defenden a teoría de Darwin; até o
punto de desaparecer a segunda do curriculum educativo, nalgúns dos
seus estados. Na actualidade, un corenta e sete por cento da
poboación americana esta en contra da teoría da evolución.
Jacqueline Kelly, muller de ciencia, postúlase, a través desta
historia a favor da teoría darwinista.
Será
o avó de Calpurnia o que lle agasalle o libro de Darwin, xa que en
varios momentos da historia queda en evidencia ese rexeitamento á
teoría da orixe das especies, por parte dun sector da sociedade.
—Desculpe
señora, ten o libro do señor Darwin?
A
muller inclinouse sobre o mostrador e dixo:
—O
que?
—O
libro do señor Darwin. Xa sabe, A orixe das especies.
Engurrou
o cello e puxo a man detrás da orella.
—Tes
que falarme máis alto.
E
faleille máis alto, con voz trémula.
—O
libro do señor Darwin, por favor.
Botoume
unha ollada que me paralizou, e respondeume:
—Desde
logo que non o teño. Xamais metería semellante cousa na miña
biblioteca.
A
novela empeza nun caloroso verán do ano 1899 en Texas. A partir de
aí é a propia Calpurnia a que nos vai contando a súa vida na casa,
na escola, cos irmáns (a única rapaza de entre sete irmáns) e,
será a través dos seus ollos e do que vai acontecendo no seu día a
día, como iremos coñecendo a sociedade americana daquela época;
coa chegada do primeiro automóbil e dunha bebida refrescante que fai
cóxegas ao baixar pola gorxa, chamada Coca Cola. Ou o primeiro
teléfono da empresa Bell en Fentress, (a vila
na que vive a protagonista).
A
evolución de Calpurnia, é tamén unha revolución. Nunha época e
nunha sociedade, na que as nenas eran educadas para ser señoritas,
esposas e amas de casa perfectas; ela ten moi claro, cada vez máis
ao longo da historia, que non lle gusta cociñar, odia coser,
calcetar e tocar o piano. Mais, a súa, é unha revolución que nace
da curiosidade, da relación co seu avó naturalista que lle aprende
a observar, das contradicións que lle toca vivir nunha época na
que as mulleres aínda non tiñan dereito ao voto. É este un dos
aspectos interesantes da historia para calquera rapaza de hoxe en
día, coñecer os atrancos que tiñan as mulleres a finais do século
XIX e, comprobar, que algúns deles aínda están por superar.
Neste
libro, as rapazas de once anos non van atopar redes sociais, tampouco
últimas tendencias en moda; as primeiras non existían e as segundas
non son do interese de Calpurnia, unha rapaza que quere romper cos
estereotipos femininos da súa época e, que ten moi claro, que só
ten un xeito de conseguilo, accedendo á universidade e sentindo que
é quen de facer o mesmo que os seus irmáns varóns. Nesas estamos.
Jacqueline
Kelly, A evolución de Calpurnia Tate, Faktoria K,
2018 (tradución
ao galego de Carlos Acevedo)
A evolución de Calpurnia Tate (tamén unha revolución) por Beatriz Maceda
Reviewed by segadoras
on
09:46:00
Rating:

Ningún comentario: