Club de lectura feminista A lila+A Sega. Sesión de novembro


Retomamos o club de lectura feminista cunha proposta de Verónica Martínez Delgado: Comezar desde cero, de Tania Merelas, un libro de empodaramento das mulleres no que, a través de distintas historias, poñemos rostro ás violencias machistas e marcamos o camiño para superalas.

Como novidade, este ano, as sesións do club serán o primeiro sábado de cada mes, no horario de sempre, 12:00 a 13:30, no espazo, xa habitual, da libraría Lila de Lilith. Comezamos o 3 de novembro.

Ademais iremos avanzando as sesións futuras para que poidades organizar as lecturas e descubrir que sorpresas haberá en cada club:



Lembrade que tedes que confirmar asistencia escribindo ao correo liladelilith@gmail.com.

Agardámosvos!

Club de lectura feminista A lila+A Sega. Sesión de novembro Club de lectura feminista A lila+A Sega. Sesión de novembro Reviewed by segadoras on 19:33:00 Rating: 5

Ningún comentario:

Con tecnoloxía de Blogger.