Putas
e insumisas é unha publicación,
a modo de revista, na que se recollen unha serie de artigos que
reflexionan sobre o concepto da violencia e o seu uso segundo o
xénero ao que se aplique. Trátase de "realizar una
aproximación a la cuestión de la violencia y la feminidad,
partiendo de la dicotomía impositiva que, estableciendo roles
diferenciados entre ambos géneros hegemónicos, supone a las mujeres
como más pacíficas y conformadas" ( pax. 13).
No
caso da violencia exercida polas mulleres hai unha dobre vulneración:
primeiro, contra quen exerce o poder e, segundo, contra as
directrices do propio xénero. Neste sentido, o título Putas
e insumisas resulta moi acaído
porque "puta" é un termo usado como " estigmatizador
hacia todas aquellas que non cumplen con la normativa hegemónica"
(páx. 18) e "insumisas" como forma de imcumprimento do
contrato social establecido.
El comportamiento masculino, según la construcción dicotómica
intergenérica, exige el uso de la fuerza para mantener y «proteger»
aquello que considera «propiedad
de», mientras que a las
mujeres se les exige la sumisión a los valores de la pasividad y el
pacifismo"
Entón,
se a muller subverte o mito da pasividade e o pacifismo xa non
estamos, desde o punto de vista social, ante unha violencia senón
ante unha aberración por incumplir este contrato social/xénero e,
iso, ten unhas consecuencias lexislativas, culturais, etc, que se
debullan, polo miúdo, nos diferentes artigos. Así, Laura Macaya,
fai un percorrido pola historia, moi clarificador, no que se poñen de
relevo as diferentes varas de medir en canto a lexislación se
refire. Ata o século XIX as mulleres eran sometidas a prevención
punitiva polo que puideran facer (non por "romper" a lei
senón polo que "están dispuestas a hacer"1).
Coa entrada no século XX, o discurso neoliberal espalla a idea de
que as mulleres son dobremente perigosas (porque poden subverter o
contrato social e as directrices de xénero) e, esta noción,
mantense ata a década de 1980. As consecuencias chegan ata os nosos
días porque desde as leis, as informacións nos medios de
comunicacións, as representacións artísticas, ..., o proceso que
se realiza coa violencia exercida pola muller só se entende "
patologizándola por el hecho de actuar de manera no esperada"
(páx. 111).
La violencia no es herencia
específica de un sexo, pero en esta sociedad heteropatriarcal está
generizada, y es por ello por lo que establecemos diferencia a la
hora de hablar de ella. Según quien la imponga, tiene
características diferentes. Cuando son las mujeres quienes la
ejercen subvierten su rol. Pasan de ser pasivas/pacíficas/dadoras de
vida, a ser agresivas/violentas, convirtiéndose en «monstruos»,
desarticulando su normativa de género y, por lo tanto, haciendo
«monstruosidades»,
aberraciones de género" (páx.
118)
E, cando "subvierten su
rol", pasan a ser denominadas vampiresas, monstros, ángel de la
muerte, viúdas negras, etc (termos non serios para un acto non
esperado) e constrúese un discurso no que as mulleres que exercen
violencias son aberracións ou, como moito, só loitan por
sobrevivir, polos alimentos, etc (terreo dos coidados), mentres que
as violencias levadas a cabo por homes transfórmaos en heroes,
conquistadores ou salvadores das diferentes causas ao longo da
Historia.
Podemos concordar ou non co
exposto nos artigos desta publicación, pero o certo é que nos fará
pensar/repensar moitos elementos que se transmiten como verdades
universais ao proporcionar un marco histórico, lexislativo, etc, que
amplia as perspectivas e propón unha desmitificación que xa ten
carácter de urxencia.
Sánchez, I., Olivé, N., Martín
L. e Macaya, L., Putas e insumisas, Virus Editorial , 2017
1páx.
111
A violencia como produto histórico por Eli Ríos
Reviewed by segadoras
on
09:14:00
Rating:

Ningún comentario: