PENÉLOPE EN
ACCIÓN
María Xosé
Queizán
Para Marica
Campo, Galega das Letras
2018. Ano da
acción e o discurso feminista.
Ulises, nacido para
alancar
mares sen límite.
Naves van de seu consigo.
Segue unha rota incerta,
agresiva
coa vela erguida como
puñal, ou pene.
Navegante excitado en
mareas vivas.
Nada importa o que deixa
atrás.
A vida consiste no seu.
Casou coa muller inmóbil
Penélope:
tece tedio e fidelidade na
casa
remenda bragas rotas,
resacas
traizóns, sen inmutarse.
Casou coa conveniente.
Poeta dos seus labores,
ela
tece versos na propia
almofada
onde pousa a cabeza
un punto adiante e outro
atrás
no pensamento.
Penélope: educada para
serea varada no natural
corpo da igualdade
biolóxica.
Consume a existencia coma
se non fose súa.
Entregada a Ulises,
envolta para regalo en
sabas de mil anos
engalanada para a gadaña
doméstica,
a voda, a violación
legal.
Ulises en cada porto,
xace con corpos inéditos
eventuais.
Sexo fortuíto, abrupto
como rocalla.
Ondas fulminantes
límpanlle logo o ánimo
e o alento
como lúa despois da
tempestade.
Libre de culpa.
O seu é navegar afastado
do costume
e de Penélope.
Porque sabe que ela foi
creada para agardar,
Alí,
onde un día é como
calquera outro día
con regras e partos de
femia humillada.
Fostes conservada e
deseñada
para o desexo masculino
para o perfecto apoio do
seu degoro
como cariátide sostendo a
súa autoridade patriarcal.
De brazos caídos
o tinglado vense abaixo.
Porque depende de ti.
Sabes?
Un saber e un non saber,
un non querer saber
e todo o mundo sabe
que os asasinatos de
mulleres non son unha lacra.
As ideas poden cambiar.
Tamén Penélope.
O feminismo é movemento e
pensamento,
aparición
pública, asombro dos dirixentes económicos,
É acción e discurso na
liña de Hanna Arendt
para as mulleres acadar a
condición humana
saíndo do propio e do
privado, do minifundio e a casa,
da caverna onde todos os
Ulises son sombras poderosas,
e desexadas.
Os fogares cavernícolas
abandonados
nada será oculto; todo
público.
As rúas tomadas por
penélopes en acción,
en mareas de me too
matando a hipocrisía
en mulleres de todas as
xeracións reclamando liberdade
e igualdade de desiguais
igualdade política.
Penélopes xa non.
2018
( Poema recitado por María Xosé Queizán, na celebración do V Día das Galegas nas Letras, dedicado a Marica Campo)
Penélope en acción de María Xosé Queizán. V Día das Galegas nas Letras.
Reviewed by segadoras
on
10:08:00
Rating:

Ningún comentario: