Xa van cinco anos desde que celebramos a Día das Galegas nas
Letras. Durante este tempo, vimos como a iniciativa vai collendo peso e isto non
podería ser posible sen vós, sen as persoas que nos acompañades tanto fisicamente o propio día, como a quen o facedes desde a distancia. Por iso, despois da resaca da romaría toca o
momento de agradecer.
En primeiro lugar, á Nosa Señora (das Letras), a Marica Campo,
por compartir con nós o V Día das Galegas nas Letras. Por cada unha das
palabras, esas que veñen envoltas en recordos e sorrisos.
A Vero Rilo e Sonsoles Penadique por emocionarnos coas súas historias que recuperan a vida de tantas mulleres, repetíndoas unha e outra vez a través de contos.
A Paloma Suanzes polas súas melodías; a Raiceira por amosarnos
as súas ilusións e experimentación musical que tan ben funciona; a Xaora Pandereteiras
que nos sacaron a bailar e a Mercedes Peón polo seu solo pandereteiro a Marica
Campo e por lembrarnos que non estamos soas.
Grazas a cada unha das persoas que quixeron adicarlle unhas palabras. Ás voluntarias que
leron durante o Roteiro Imaxinario, porque cada unha suma. A Ana Torres e
Tareixa Campo por traernos os contos e poemas de Marica Campo, a Belén López
por re-situar a figura de Marica Campo, a María Xosé Queizán, a Goretti
Sanmartín por devolverlle os versos a Marica Campo, a Asociación Ergueitos (que vén de
anunciar o seu cambio a ErgueitAs) por volver aos comezos dos seu premio.
Ás persoas que se converteron nos paxaros que loitaron pola
liberdade e contra Preme(paxaros)xentes nun teatro improvisado que funcionou
coma se levaramos meses preparándoo.
Ao Concello de Lugo, en xeral, por todas as facilidades e
axuda brindada, e, en especial, a José Santiso sen o cal este día non tería
sido posible.
Aos medios de comunicación que coa súa labor sempre nos dan voz e espazo: o Diario Cultural, Sermos, Praza...
Aos medios de comunicación que coa súa labor sempre nos dan voz e espazo: o Diario Cultural, Sermos, Praza...
Todo isto suma para continuar traballando. Vémonos na VI edición
das Galegas nas Letras!
Grazas polo V Día das Galegas nas Letras
Reviewed by segadoras
on
12:20:00
Rating:

Ningún comentario: