A Sega e a Libraría Lila de Lilith na SELIC



Durante a SELIC (Semana do Libro de Compostela), que terá lugar entre o 1 e o 10 de xuño, na Praza da Quintana en Santiago de Compostela, desde a Sega e a Libraría Lila de Lilith propoñémosvos tres actividades para gozar e reflexionar as nosas letras.




Comezamos co club de lectura feminista que pechará o curso. A sesión terá lugar o sábado 2 de xuño, ás 11:30h. Nesta ocasión propoñémosvos Saturno tamén é Deus, de Uxía Casal e Sangue 12, de Cris Pavón (os dous de Urco Editora). A sesión estará coordinada por Paula Gómez del Valle.


Continuamos a mañá do sábado falando de libros. Ás 12:30, na mesa CríticAs, coordinada por Antía MaranteAna Figueiredo (Con premeditación e alevosía, club de lectura para a rapazada organizado na libraría Cronopios de Compostela), Tensi Gesteira (Lecturafilia), Arancha Nogueira (A Sega) e Ana Salgado (Grial e Tempos Novos) conversarán ao redor da necesidade dunha crítica literaria feminista e un aumento do número de voces das mulleres neste eido.


Rematamos a nosa participación na SELIC 2018, o domingo 3 de xuño, ás 18h, coa mesa Ex-céntricas. Nesta ocasión dámoslle voz ás autoras que crean desde a periferia, ben por vivir no rural, ben por estar fóra de Galiza. Andrea Barreira, coordina a charla na que participarán María del Carmen Rey (autora de Escapados, ed. Toxosoutos), Verónica Martínez Salgado (autora de A outra voz, Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter, A. C. Caldeirón, entre outros), Ana Cibeira (autora de A morta, ed. Barbantesa, Pintalabios, ed. Toxosoutos, entre outros) e Marga Tojo (autora de Maternidade fóra de xogo, ed. Xerais, Cara de felicidade, ed. Kalandraka, entre outros).







Comentarios