O día 15 de agosto, dentro das actividades do IV Día das Galegas nas Letras, arredor das 17:30, contaremos coa música de M.J.
M.J. PÉREZ, que inicia en 2014 o seu percorrido como cantautora galega levando a súa música e voz por toda Galiza.
O seu primeiro traballo, autoeditado, “Ollos que non ven, síntoma de
cegueira” achegouna ao público a través da rede. Despois viría o
potentísimo
“Guerrilleira”, producido por ela mesma.
“Guerrilleira”, producido por ela mesma.
Finalista do I Certame de Canción de autor en galego, acada tamén o
segundo posto no VIII Certame Musical da Deputación da Coruña.
Entre tanto, acompaña voces poéticas como a de Mercedes Leobalde, Luísa Abad ou Lidia Bao.
Nestes días apresenta o primeiro clip do que será o seu novo traballo: “Ai de min”
IV Día das Galegas nas Letras
Reviewed by segadoras
on
11:25:00
Rating:

Ningún comentario: