![]() |
Imaxe: Eli Ríos |
Por Eli Ríos
Soñar
un cuarto. Un cuarto propio en 2017. Soñar. A imposibilidade nunha casa
habitada por seres miúdos. Aínda así, renego unha e outra vez dos espazos
comúns. Soñar, outra volta. Desta vez, co silencio. Lonxe das saliñas. Afastada
dos tránsitos. Róubolle un metro cadrado ao espazo do sono. Ese que tampouco é
de meu. Ese no que se abeiran os pesadelos infantís ou os mocos estacionais.
Aínda así, soño. De momento, é de balde. Algún día, este metro cadradro contará
coa banda sonora do silencio. Mentres tanto… a gata mía un agarimo e as
crianzas sorrín. Agradecer non é incompatíbel co cuarto en silencio. Hoxe,
agora mesmo, partillo tempos e espazos. Tamén soños. Soñar é necesario. Mentres
tanto...
O cuarto de Eli Ríos
Reviewed by admin
on
08:22:00
Rating:

Ningún comentario: