Nova sección: 'O cuarto de ...'

Foto: Paula Gómez del Valle

Para escribir novelas, unha muller debe ter cartos e un cuarto de seu.
Para as mulleres esas dificultades foron infinitamente máis formidables. En primeiro lugar ter un cuarto propio (dun cuarto quieto ou a proba de ruído nin falemos) era totalmente imposibles, a menos que os seus pais fosen excepcionalmente ricos ou nobilísimos […]
As familias de clase media a principios do século XIX, non tiñan máis que unha saliña. Se unha muller escribía, tiña que facelo na sala común […]
As mulleres nunca teñen unha media hora que sexa realmente delas- sempre a interrumpirían.  Sen embargo, sería máis doado escribir prosa e novelas na saliña que versos ou un drama. Requírese menos concentración.
Así é. A independencia intelectual depende de cousas materiais.
No curso de cen anos é moi posible que as cousas teñan cambiado. En cen anos, pensei ao chegar á miña porta, as mulleres xa non serán o sexo protexido. Participarán en todas as actividades e esforzos que lles estean vedados agora […]
Virginia Woolf. Un cuarto de seu. 1928

Que ten mudado realmente nestes case cen anos?  Que precisamos, onde creamos, como o facemos, as actuáis creadoras? Como son os nosos cuartos hoxe? Cales son as dimensións do noso espacio e do noso tempo?

Interésanos unha reflexión e unha visualización dos espazos físicos e temporais nos que se concentra a actividade das creadoras actuais; mulleres viaxeiras, nais, pluriempregadas, paradas de longa duración, traballadoras por conta propia e allea. 


Comentarios