Questionário fou(cinha): Paula Gómez del Valle

Paula Gómez del Valle

1. Con que frecuencia/cantas veces che fixeron un cuestionario con preguntas machistas, estúpidas e inapropiadas como por exemplo: con que famoso compartirías toalla, que vicios non soportas da túa parella e cousas semellantes?

Non tiven esa “sorte” porque esas cousas me gustan para contestalas en modo surrealista en plan: “non soporto da miña parella que non saiba colgarse da lámpada do teito e cantar ao mesmo tempo”. Pode ser moi divertido.

2. Cantas veces te chamaron "rapaza" nun contexto literario profesional? (valen sinónimos: moza, chica, rapariga, nena, nenita...)

Non o fixeron, últimamente refírense a min polo apelido pensando que lle dan un toque máis profesional ou protocolario, cousa que é igual de rancia.

3. Cando foi a última vez que viches unha comedia romántica e quixeches matar alguén xusto despois?

Hai pouco onde se supón que a rapaza é a protagonista e a presentan coma ceibe e independente, pero ao final da peli o traxe “mainsplaining” do seu secundario fai que ela tome as leccións precisas para poder “saber vivir” segundo el cre que teb que vivir.

4. Cando foi a última vez que queimaches un suxeitador, tuneaches unha parede/estatua/estrada...?

Hai tempo que queimei o sostén e loito para que non nolo volvan a poñer xa que esa é a intención que hai actualmente que volvamos a encorsetarnos e pasar ao segundo plano por eso as accións de tunear as paredes son diárias porque o que non se ve, non existe. Temos que seguir querendo ser ceibes.

5. Con que feminista viva ou morta non compartirías toalla?

Compartiría toalla con todas porque tanto un acordo coma una discusión levan a unha aprendizaxe de que tipo de feminista queres ser ou non ser… e esa é a cuestión.

6. Cando escribes se tes fill@s? De onde sacas o tempo?

Escribo cando elas comparten o seu tempo comigo, ou mo ceden, tanto sentadas ao meu carón compartindo tarefas coma cando elas van ao seu e namentras eu proceso as fotos ou escribo. Creo que ese mútuo entendemento é esencial para que vexan que non por ser nai se para a vida, senón que sigue como exemplo de actividade e avance.

7. Escribes para mulleres, sobre "temas de mulleres" ou a crítica falou da túa obra como "literatura feminina"?

Non me gustan as etiquetas nin que me clasifiquen porque creo na liberdade da creatividade onde todo o mundo está invitado a compartila. O problema é quen reduce a mirada ou a escrita a um caixón em concreto

8. Quantas vezes te aplicaram o substantivo meiga, feiticeita, fada?

Moitas veces, son adxetivos que che colgan sen che preguntar tan siquera se queres ser algún e de seren así, cal elixirías… e coma una compañeira da sega o que me gusta, non está nesta lista. :-D

9. Cantas veces che preguntaron que escritorEs son unha referencia para ti?

Uf!! Sempre. E me pon incómoda, porque é coma cando de pequena me preguntaban: “a quen queres máis, a papá ou a mamá” pois aos dous- contestei sempre eu. Sempre me custa elixir, porque sempre hai algo que salientar.

10. Cantas veces te chamaron poetisa (se escribes poesía)?

Non teño a sorte de escribila e de poder contestarlle  a quen me tilde de poetisa.

11. Qual é a personagem feminina mais patética que leste num escritorO? 

Carla, e todas aquelas que teñen a desgraza de seren retratadas por un escritor masculino que fai moi ben o traballo “mainsplaining”, e últimamente moito deso hai.

12. Qual é personagem masculina mais patética que leste num escritorO?

Ignatius J. Reilly aclamado inxustamente pola crítica literaria coma un libro imprescindible. Un puagg en toda regra.

13. Um paiaso da vida real...

Estamos rodeadas por un circo cheo de pallasos burlóns, éme moi difícil elixir a un aínda que o actual conselleiro de educación e a súa política educativa (no tocante ao galego xa nin digamos) está facendo moitos mais méritos que os demais para seren elixido o xefe do circo.

14. Um paiaso da vida literária...

Arturo Pérez Reverte e todos os que beben das súas fontes e gracietas.

15. Qual foi a última vez que che enviaram a esfregar pratos/fazer camas/passar a fregona?

No canto da casa, facemos asamblea pero penso que está trucada porque sempre me toca a min e nos outros ámbitos xa non me mandan senón que me din que conduzo coma un tío... que non deixa de ser o mesmo.

16. Qual foi a última vez que exerceches de crica testemunhal no meio do nabal?

Co todopirolismo que hai en moitos ámbitos, ser a única crica é, por desgraza, máis habitual do que parece, pero coma din por aí primeiro hai unha crica, logo vén outra e a ésta se lle suma outra e outra mais... ;-)


Comentarios