![]() |
Oriana Méndez |
1. Con que frecuencia/cantas veces che fixeron un cuestionario con preguntas machistas, estúpidas e inapropiadas como por exemplo: con que famoso compartirías toalla, que vicios non soportas da túa parella e cousas semellantes?
Dirixido a min, en concreto, na vida.
2. Cantas veces te chamaron "rapaza" nun contexto literario profesional?(valen sinónimos: moza, chica, rapariga, nena, nenita...)
Nunca, que eu lembre. Aínda que puido ter pasado cando era máis moza, comezaba a escribir e a participar nalgúns recitais.
3. Cando foi a última vez que viches unha comedia romántica e quixeches matar alguén xusto despois?
Non adoito ver comedias románticas hollywoodienses...
4. Cando foi a última vez que queimaches un suxeitador, tuneaches unha parede/estatua/estrada...?
O de queimar o suxeitador nin se me ocorre co caros que van. Tunear unha parede, máis antes. A última debeu ser en decembro de 2015.
5. Con que feminista viva ou morta non compartirías toalla?
Das vivas, con calquera das miñas amigas. Por ser coñecida, direi Alexandra Fernández.
Das mortas, poñamos Alexandra Kollontai.
6. Cando escribes se tes fill@s? De onde sacas o tempo?
Non teño fillos nin fillas. O tempo sácoo de onde podo.
7. Escribes para mulleres, sobre "temas de mulleres" ou a crítica falou da túa obra como "literatura feminina"?
Polo xeral, escribo sobre temas concernentes ao xénero humano. Aínda que tamén algunhas veces penso na miña cadela, Anel: a incesante pregunta sobre o universo animal, como miraran o mundo, como nos entenden aos humanos cos que conviven. Penso que non, que a crítica non me coloca baixo a etiqueta da “literatura feminina”.
8. Quantas vezes te aplicaram o substantivo meiga, feiticeita, fada?
Por sorte, nunca. Algunha vez me incluiron naquel “te quiero libre, linda y loca” que tan lamentable me parece.
9. Cantas veces che preguntaron que escritorEs son unha referencia para ti?
É unha pregunta habitual nas entrevistas: que escritoras ou escritores son unha referencia para unha mesma.
10. Cantas veces te chamaron poetisa (se escribes poesía)?
Pero iso aínda se di? Nin miña avoa.
11. Qual é a personagem feminina mais patética que leste num escritorO?
A que encontre que está mal concibida, mal narrada, pouco verosímil...
12. Qual é personagem masculina mais patética que leste num escritorO?
A resposta é a mesma que na pregunta anterior.
13. Um paiaso da vida real...
O meu clown favorito sempre é e será Iván Prado. Máximo respecto aos clowns do mundo.
14. Um paiaso da vida literária...
No sentido pexorativo do termo, poñamos ao clasista Félix de Azúa. Infame, mellor dito.
15. Qual foi a última vez que che enviaram a esfregar pratos/fazer camas/passar a fregona?
Na casa somos bastante de organizarnos as tarefas e, cando fago un intento escorregadizo de evitalo, mándanme. Outras mando eu, que son bastante gobernicha.
16. Qual foi a última vez que exerceches de crica testemunhal no meio do nabal?
Tenme acontencido máis veces recibir un formulario ou entrevista escrita que emprega dúas normativas do galego indistintamente e sen un criterio definido, que exercer de “crica testemunhal” en ningures.
Comentarios
Publicar un comentario