Questionário fou(cinha): Iolanda Zúñiga

Iolanda Zúñiga
1. Con que frecuencia/cantas veces che fixeron un cuestionario con preguntas machistas, estúpidas e inapropiadas como por exemplo: con que famoso compartirías toalla, que vicios non soportas da túa parella e cousas semellantes?

Nunca. Do cal deduzo que non son famosa, que chasco... Pero agora a pregunta púxome “on fire” e molaríame contestala: Compartiría toalla con El Dioni.

2. Cantas veces te chamaron "rapaza" nun contexto literario profesional? (valen sinónimos: moza, chica, rapariga, nena, nenita...)

Algunha, sóame... Se non rosmei foi porque aínda me sentía tal.

3. Cando foi a última vez que viches unha comedia romántica e quixeches matar alguén xusto despois?

En min vive unha Bridget Jones. Así que, adoito querer matarme a min mesma.

4. Cando foi a última vez que queimaches un suxeitador, tuneaches unha parede/estatua/estrada,...?

O vandalismo público non é o meu. Eu son máis fan do “escrache” privado. Rematar co dano inútil, no ámbito do íntimo, debería ser Lei.

5. Con que feminista viva ou morta non compartirías toalla?

Comigo. Milito desde hai pouco de xeito consciente e frecuento os erros.

6. Cando escribes se tes fill@s? De onde sacas o tempo?

Teño cadelas e gatas. Unha delas dependente. Entre iso, o esforzo que supuña escribir e currar a un tempo, e algúns misóxinos polo medio aos que lles cedín fragmentos de vida, pois... pasaron seis anos.

7. Escribes para mulleres, sobre "temas de mulleres" ou a crítica falou da túa obra como "literatura feminina"?

Nin o primeiro nin o segundo. Creo. Aínda máis, con relación a un texto, o xurado pensou que fora redactado por un home. De feito, souben que algún tipo se masturbou cun fragmento. Aí sentinme empoderada, hahaha.

8. Quantas vezes te aplicaram o substantivo meiga, feiticeita, fada?

Ningún. Bruxa, si. Un piropo que me levou a formar parte dun grupo de... música?, performance?, chamado Murmel ou de como as Bruxas do Norte ingresaron na Real Academia de Aquelarres. Desfixémonos. A lonxitude do nome non cabía no Primavera Sound, e ese era o noso obxectivo.

9. Cantas veces che preguntaron que escritorEs son unha referencia para ti?

Nunca, tampouco. Vese que me tocaron bOs xornalistas.

10. Cantas veces te chamaron poetisa (se escribes poesía)?

Moitas. Mesmo non sendo poeta, senón narradora. Creo que é peor o segundo que o primeiro.

11. Qual é a personagem feminina mais patética que leste num escritorO?

É que non leo. Só vexo canles porno.

12. Qual é personagem masculina mais patética que leste num escritorO?

Insisto, non leo. E como para o porno non son precisos subtítulos...

13. Um paiaso da vida real...

Toni Cantó, os homes de HMYV, Risto Meijide, as mulleres de HMYV...

14. Um paiaso da vida literária...

Risto Meijide. Dálle a todo este señor: Real e literario.

15. Qual foi a última vez que che enviaram a esfregar pratos/fazer camas/passar a fregona?

Ese é un dos meus erros como muller. Sempre me adianto a facelo.

16. Qual foi a última vez que exerceches de crica testemunhal no meio do nabal?

Supoño que o outro día nun bar. Cricas eramos moitas e o nabal sentíanos presa fácil. O peor: tiñan razón.

Comentarios