Questionário fou(cinha): Rosa Enríquez

SECCIÓN: A SEGA DO VERÁN. En homenaxe ás entrevistas estivais dos xornais


Rosa Enríquez

1. Con que frecuencia/cantas veces che fixeron un cuestionario con preguntas machistas, estúpidas e inapropiadas como por exemplo: con que famoso compartirías toalla, que vicios non soportas da túa parella e cousas semellantes?

En moitas ocasións, nas revistas do tipo Cosmopolitan, que, normalmente, adoitan ter nas perruquería.

2. Cantas veces te chamaron "rapaza" nun contexto literario profesional?(valen sinónimos: moza, chica, rapariga, nena, nenita...)

Non só no ámbito dá cultura. Tamén no traballo. Sempre o fíxeron homes.

3. Cando foi a última vez que viches unha comedia romántica e quixeches matar alguén xusto despois? 


Buff!! Hai Unha morea delas!!” 27 vestidos” foi das máis cursis.


4. Cando foi a última vez que queimaches un suxeitador, tuneaches unha parede/estatua/estrada...?

Pois a verdade é que aínda non o fíxen, mais todo se andará.

5. Con que feminista viva ou morta non compartirías toalla? 

Compartiría toalla con moitas, porque o propio feito de ser feminista faría que tivese boa disposición para iso. En todo caso, encantaríame partillala con Virginie Despentes. Creo que o pasariamos moi ben! !!


6. Cando escribes se tes fill@s? De onde sacas o tempo? 

Non Teño fillas.


7. Escribes para mulleres, sobre "temas de mulleres" ou a crítica falou da túa obra como "literatura feminina"?

Adoitan incluírme entres “as poetas”. Interésame todo o relacionado coa violencia que temos que aturar. Supoño que cren que me interesa porque son muller. É coma se a eles isto non lles afectase . .. Houbo un que me dixo “deixa eses temas”.

8. Quantas vezes te aplicaram o substantivo meiga, feiticeita, fada? 

Algunha que outra no contexto íntimo. Fíxoseme panoli.


9. Cantas veces che preguntaron que escritorEs son unha referencia para ti? 

Varias.


10. Cantas veces te chamaron poetisa (se escribes poesía)? 

Moitas.


11. Qual é a personagem feminina mais patética que leste num escritorO? 

Non me gustaron nada os personaxes dos contos infantís tradicionais. “A sirenita” ou “Cincenta”, por exemplo.


12. Qual é personagem masculina mais patética que leste num escritorO? 

Buff!! Non me gustou nada o Maxistral de Pas. Na poesía, detesto a visión da muller de Neruda. 


13. Um paiaso da vida real...

Moitos. Risto Mejide, por exemplo. Paréceme penoso. Tanto el como a atención que esperta. 

14. Um paiaso da vida literária... 

Pérez Reverte . 


15. Qual foi a última vez que che enviaram a esfregar pratos/fazer camas/passar a fregona? 

Xa me coñecen e non se lles ocorre suxerir tal cousa. Procuro non ter amigos gilipollas. Dende que me concienciei do feminismo elixo con moito tino de quen me arrodeo . .

16. Qual foi a última vez que exerceches de crica testemunhal no meio do nabal? 


Estiven nalgunha charla na que algún señor me comentou que lle parecía “moi expresiva”. Creo que o meu “apaixoamento” se lle fixo pouco feminino.

Questionário fou(cinha): Rosa Enríquez Questionário fou(cinha): Rosa Enríquez Reviewed by admin on 10:09:00 Rating: 5

2 comentarios:

  1. ¿E que problema hai coas poetisas? É un feminino de profesión ben bonito.

    ResponderEliminar

Con tecnoloxía de Blogger.