Questionário fou(cinha): Miriam Ferradáns

Miriam Ferradáns

1. Con que frecuencia/cantas veces che fixeron un cuestionario con preguntas machistas, estúpidas e inapropiadas como por exemplo: con que famoso compartirías toalla, que vicios non soportas da túa parella e cousas semellantes?

Enfréntome máis a miúdo a outras  tales como , tes fill@s? a que esperas? Cando te casas? Obviamente non me consideran unha muller 100% sen eses preceptos.

2. Cantas veces te chamaron "rapaza" nun contexto literario profesional?(valen sinónimos: moza, chica, rapariga, nena, nenita...)

Moitas, case sempre.

3. Cando foi a última vez que viches unha comedia romántica e quixeches matar alguén xusto despois?

Non vexo comedias románticas.

4. Cando foi a última vez que queimaches un suxeitador, tuneaches unha parede/estatua/estrada...? 

Coñezo unha persoa que tuneou unha estrada e a policía local coñecíalle a caligrafía, pero non son o caso.

5. Con que feminista viva ou morta non compartirías toalla?

Compartiría toalla con calquera, algo que dicir seguro que nos temos.

6. Cando escribes se tes fill@s? De onde sacas o tempo?

Non teño, aínda así o tempo esváeseme das mans constantemente.

7. Escribes para mulleres, sobre "temas de mulleres" ou a crítica falou da túa obra como "literatura feminina"?

Escribo como muller comprometida coas mulleres e as súas causas.

8. Quantas vezes te aplicaram o substantivo meiga, feiticeita, fada?

Poucas, procuro facer saber que me molestan eses comentarios.

9. Cantas veces che preguntaron que escritorEs son unha referencia para ti? 

Moitas, logo xa é unha quen contesta en feminino, se é o caso.

10. Cantas veces te chamaron poetisa (se escribes poesía)?

Fai pouco nun cartel. O peor? Cando mo chama un político que ainda por riba pensa que acaba de dicir unha palabraza culta.

11. Qual é a personagem feminina mais patética que leste num escritorO? 

Seguramente algunha caracterizada por un misóxino.

12. Qual é personagem masculina mais patética que leste num escritorO?

Os supermachos das novelas de amor, eses cun corazón que non lles cabe no peito.

13. Um paiaso da vida real...

Os paiasos son seres excepcionais, dos outros fago o caso xusto para seguir o meu camiño.

14. Um paiaso da vida literaria…

Como escritor, eses que cren que a súa palabra é a palabra. Quen necesitan sentirse adorados.

15. Qual foi a última vez que che enviaram a esfregar pratos/fazer camas/passar a fregona?

Eso exactamente penso que nunca pero cando era máis moza calquera comentario similar podía provocar unha revolta preocupante.





Comentarios