Questionário fou(cinha): María Alonso

SECCIÓN: A SEGA DO VERÁN. En homenaxe ás entrevistas estivais dos xornais

María Alonso

1. Con que frecuencia/cantas veces che fixeron un cuestionario con preguntas machistas, estúpidas e inapropiadas como por exemplo: con que famoso compartirías toalla, que vicios non soportas da túa parella e cousas semellantes? 

Con quince anos ou así fixen un cuestionario daqueles da SuperPop por vontade propia, pero coido lembrar que o deixei pola metade. 

2. Cantas veces te chamaron "rapaza" nun contexto literario profesional? (valen sinónimos: moza, chica, rapariga, nena, nenita...) 

Pois este pasado mes de marzo, e non din crédito. 

3. Cando foi a última vez que viches unha comedia romántica e quixeches matar alguén xusto despois? 

Teño un problema, cada vez que prendo a tele quedo durmida en cero coma. 

4. Cando foi a última vez que queimaches un suxeitador, tuneaches unha parede/estatua/estrada...?

Nunca. Ti sabes o caro que están os suxeitadores? E tunear, tuneo libretas, o portatil, as chaquetas pero non tuneo paredes porque sempre haberá alguén que as teña que limpar e é un traballo moi fodido.

5. Con que feminista viva ou morta non compartirías toalla? 

Eu non comparto toalla nin coa miña nai. 

6. Cando escribes se tes fill@s? De onde sacas o tempo? 

Non teño fillas pero teño un can que pasa de min, así que cando non me dá o día, quítolle horas á noite.

7. Escribes para mulleres, sobre "temas de mulleres" ou a crítica falou da túa obra como "literatura feminina"? 

Escribo para quen me queira ler e os temas que trato eu os vexo como universais, mais comezo a pensar que ao ser escritora e utilizar mulleres como protagonistas os meus textos vanse clasificar automaticamente como literatura feminina ou mesmo xuvenil. 

8. Quantas vezes te aplicaram o substantivo meiga, feiticeita, fada? 

Normalmente chámanme cousas peores. 

9. Cantas veces che preguntaron que escritorEs son unha referencia para ti? 

Pois si que me pasou, si. Ou quen é o meu escritorO favorito e cousas así. 

10. Cantas veces te chamaron poetisa (se escribes poesía)? 

Veño de rematar o meu primeiro poemario, así que ao tempo. 

11. Qual é a personagem feminina mais patética que leste num escritorO? 

A personaxe de Lady Chatterley sempre me pareceu que tiña un tufiño sospeitoso. Despois tiven que estudar a D.H. Lawrence na carreira e reafirmei as miñas sospeitas. 

12. Qual é a personagem masculina mais patética que leste num escritorO? 

Henri Christophe, de El reino de este mundo de Carpentier, fixo que me subise un arrepío polas costas. Un mimic-man de manual. 

13. Um paiaso da vida real...

Téñome cruzado cuns cantos. 

14. Um paiaso da vida literária...

A hostia deles.

15. Qual foi a última vez que che enviaram a esfregar pratos/fazer camas/passar a fregona? 

Traballei moitos anos limpando casas e portais, e máis recentemente de ‘housekeeper’, así que eu vexo isto de fregar pratos, facer camas e pasar a fregona como unha oportunidade de traballo. 

16. Qual foi a última vez que exerceches de crica testemunhal no meio do nabal? 

A principios de xuño, estaba no medio dun campo de nabos durante un festival deses que comezan antes da hora do xantar cando os meus amigos, que van de guais, tornáronme invisible namentres falaban entre eles e aumentaban o nivel de jijis jujus juasjuas a medida que baixaban pintas de cervexa. 

>> Ficha da autora na AELG.

Comentarios