Questionário fou(cinha): Elvira Ribeiro

Elvira Ribeiro

1. Con que frecuencia/cantas veces che fixeron un cuestionario con preguntas machistas, estúpidas e inapropiadas como por exemplo: con que famoso compartirías toalla, que vicios non soportas da túa parella e cousas semellantes?

Afortunadamente, nunca.

2. Cantas veces te chamaron "rapaza" nun contexto literario profesional?(valen sinónimos: moza, chica, rapariga, nena, nenita...)

Non lembro tal cousa, a verdade. Trato paternalista, algunha vez, mais alcumarme dese xeito, nunca.

3. Cando foi a última vez que viches unha comedia romántica e quixeches matar alguén xusto despois?

Non me gustan as comedias románticas. Mellor non levar desgustos.

4. Cando foi a última vez que queimaches un suxeitador, tuneaches unha parede/estatua/estrada,...?

Suxeitadores non queimo, que son moi caros, mais si que algunha vez “actuei” sobre elementos urbanos. A última vez foi hai tres días. A próxima será en breve, nunha cidade do Leste.

5. Con que feminista viva ou morta non compartirías toalla?

Con ninguén, son escrupulosa para certas cousas. Especialmente non a compartiría cunha morta, puag.

6. Cando escribes se tes fill@s? De onde sacas o tempo?

Escribo cando non podo deixar de facelo e cando teño algunha encomenda ao respecto. Afortunadamente a miña filla é independente e tempo non me falta grazas ao desemprego.

7. Escribes para mulleres, sobre "temas de mulleres" ou a crítica falou da túa obra como "literatura feminina"?

Intento escribir literatura para seres humanos e sobre temas que afectan aos tales seres. Non lembro que ninguén dixese que escribo “literatura feminina”.

8. Quantas vezes te aplicaram o substantivo meiga, feiticeita, fada?

Meiga algunha vez en Portugal, que ten un significado diferente ao que lle damos aquí normalmente.

9. Cantas veces che preguntaron que escritorEs son unha referencia para ti? 

Unhas cantas. Mais sempre que mo preguntaron entendín (e estou segura de que así era) que a pregunta estaba referida a persoas dedicadas á literatura en xeral.

10. Cantas veces te chamaron poetisa (se escribes poesía)?

Ningunha ou case ningunha. Esa palabra está en desuso, non?

11. Qual é a personagem feminina mais patética que leste num escritorO? 

Calquera dun mal escritor, aos que procuro evitar. 

12. Qual é personagem masculina mais patética que leste num escritorO?

Ver a resposta anterior.

13. Um paiaso da vida real...

Charles Chaplin era un pallaso admirable.

14. Um paiaso da vida literária...

Non adoito ler literatura circense.

15. Qual foi a última vez que che enviaram a esfregar pratos/fazer camas/passar a fregona?

A miña nai, sendo eu adolescente quizais.

16. Qual foi a última vez que exerceches de crica testemunhal no meio do nabal? 

Aínda non me pasou que espertase convertida en molusco. 

Comentarios