![]() |
Imaxa da capa |
Por Lau Ríos
Ulises, a protagonista,
suspende Historia Contemporánea e mándana a pasar o verán ao Colexio
Internacional Burato de Verme. Alí coñece unhas rapazas, as cronoamigas, e con
elas vive grandes aventuras. Igual que Ulises- o grego- a nosa protagonista
fará unha viaxe... ao pasado!
Neste campamento, ao facer unha exploración pola illa, descobren un reloxo máxico co que se pode viaxar polo tempo. Cando o proban, chegan á casa de Rita na California dos anos 50. Grazas a isto coñecen o que é Hollywood, como comezaron as rapazas a participar nos primeiros campeonatos de surf femininos, o nacemento do Rock & Roll,... Están estudiando historia sen decatarse!
Nun destes campeonatos de surf,
unha das protagonistas ten un comportamento que non me chistou moito. Gústalle
un rapaz e fai bastante o parvo. Incluso pasa todo o tempo con el, ou pensando
nel, e deixa de lado ás súas amigas! E iso non está ben porque as amigas
son as que sempre están ao teu lado.
Ulises e as cronoamigas é
un libro de aventuras entretido e facil de ler porque usa moitos deseños ( é
case como un cómic) e as protagonistas utilizan o Olapp que é como o noso
whatsapp. Gustoume que empregasen as emoticonas como facemos a xente
adolescente.
As ilustracións de Jacobo
Fernández divertíronme moito así como os xogos que se propoñen para participar.
Ler buscando nos deseños e xogando transforma o conto para que te enganche ata
o final como acontece cando nos fala dos xemelgos, por exemplo.
Se queredes pasar un anaco
divertido Ulises e as cronoamigas é o voso libro pero... coidado! porque
engancha e unha vez que comecedes non poderedes para de ler!
Comentarios
Publicar un comentario