![]() |
Imaxe: Luis Miguel Bugallo Sánchez. http://gl.wikipedia.org/ |
E madía leva non aterecer! As razóns poderían
ser evidentes: Rosalía de Castro é unha muller que morreu hai máis dun século e
a quen durante longas décadas meteron nunha mortalla de cravos, sombras e
prantos. Na maior parte dos casos o que o día a día nos devolve dela son imaxes
de pedra, bustos e monumentos.
Mais debaixo da pedra fría nosoutras sabemos
que latexa unha obra viva, rebelde e mesmo temeraria. Unha obra que apela a todas nós porque fala
de nosoutras, fala das que cantamos, das
que traballamos, das que rimos, das que
padecemos, das que
queremos un mundo onde a violencia non sexa
tolerada. Ela ensinounos
a camiñar mentres outros
ladran, a buscar amores que nos
queiran ben, ou a convivir
coa soidade. Abriu a porta para que as que hoxe
somos poidamos
escribir o que nos pete, dende o patrón dunha
chaqueta ata unha novela.
Por todo iso estamos certas de que Rosalia de
Castro (RdC) non pode ficar máis á intemperie. Debémoslle polo menos a calor
que nós aínda temos como vivas herdeiras do seu xenio. Ela ensinounos que todas
sabemos cousas, que a
nosa voz é importante. De aí que dende A Sega
fagamos esta convocatoria aberta a todas as mulleres que queiran unirse a ela.
O obxectivo é ben simple: cubrir todas as estatuas de Rosalía de Castro do
noso país que sexamos capaces con obras tecidas polas nosas mans. Porque a
pedra será fría pero moito máis grande é a nosa calor.
Descrición da actividade
A proposta da nosa actividade é moi
sinxela:
-A nivel individual ou colectivo animamos a
todas as mulleres a tecer calquera peza, dende unha bufanda a un chal que poida
cubrir un busto ou estatua de Rosalía de Castro na súa vila ou lugar próximo.
-O día 24 de febreiro, día do nacemento
de RdC, sairemos cubrir as estatuas en todos os lugares. Se as participantes
queren organizar algún acto como unha lectura ou convidar a algunha escritora,
cantante ou artista para acompañalas A Sega pode botar unha man á hora de
organizar estes actos.
-As participantes deberían facer unha foto
de cada unha das estatuas para poder despois darlles difusión a través das
redes sociais e facer un mural con todas elas.
-As participantes poden solicitar permiso
ao Concello correspondente para vestir a RdC, se ben os Concellos non adoitan
poñer problema ante este tipo de accións (simplemente retirarán o “vestido”
unha vez pase o acto se as participantes deciden deixalo no lugar concreto).
-Para calquera dúbida podedes contactar con nós
no 606274507 (Susana).
A Sega.
Comentarios
Publicar un comentario