A próxima semana A Sega participará nun encontro sobre crítica literaria que organiza a Sección de Crítica da AELG no Culturgal. O acto terá lugar o sábado 6 de decembro, ás 17 horas, no Aulario.
Na mesa redonda, moderada polo crítico Ramón Nicolás, participarán Lara Rozados, como representante da plataforma de crítica literaria feminista A Sega,
Montse Pena Presas, especialista en crítica de literatura infantil
e xuvenil, Mario Regueira, crítico
literario en Sermos Galiza e Roberto Pascual, representante da crítica teatral.
O
obxectivo será ofrecer unha visión ampla da crítica
literaria galega, revisar a vitalidade dos diversos soportes
-con especial atención ó dixital- e analizar as particularidades de cada xénero literario.
A Sega participará no Culturgal nun encontro sobre crítica literaria
Reviewed by segadoras
on
12:15:00
Rating:

Ningún comentario: