A asociación brasileira Literarte recoñece o labor d´A Sega

 
Izabelle Valladares, Ánxela Lema, Susana Sánchez Aríns, Mauro Jorge, Eli Ríos e Lucía L. Bayo

Lucía L. Bayo, Susana Sánchez Aríns, María Reimóndez, Ánxela Lema, Eli Ríos e Laura Ríos.

O pasado venres 10 de outubro A Sega recibiu un recoñecemento da mán de Literarte, unha asociación internacional de escritoras e artistas con sede en Río de Janeiro. A plataforma de crítica literaria A Sega foi elexida, xunto a outras personalidades e institucións galegas, para condecorala coa medalla 'Luis Vaz de Camões' polo seu "desempeño e fomento da cultura e a comunicación do país".

A xornalista Lucía L. Bayo agradeceu, en nome de todas as participantes d´A Sega, a homenaxe e recoñecemento da asociación brasileira a esta plataforma de crítica literaria feminista "que tan só leva ano e medio de traballo colaborativo". "Temos unha maneira diferente de entender e analizar a literatura", apuntou López Bayo ao tempo que destacou un dos obxectivos principais d´A Sega: "visibilizar a obra de mulleres escritoras". No acto de entrega de medalla e diploma tamén participaron Susana Sánchez Aríns, Eli Ríos, Ánxela Lema e María Reimóndez.


Comentarios