O pasado 15 de agosto celebramos no Areal de Berres, na Estrada, o I Día das Galegas nas Letras para render homenaxe a DOROTHÉ SCHUBARTH, compiladora do Cancioneiro Popular Galego. Foi unha romaría na que nos xuntamos, falamos e cantamos para saudar a dignidade da literatura de tradición oral e o labor silenciado de todas as cantadoras que lograron manter vivo até hoxe o acervo musical que nos alimenta.
No marco desta celebración editamos un caderno con colaboracións de diferentes autoras: Andrea Nunes Brións, Mercedes Peón, Olga Kirk, Isabel Rei Sanmartim, Olga Nogueira, Susana Sánchez Aríns, Chévere e Ugia Pedreira.
Compartímolo aquí para que poida ser lido e descargado.
Caderno do I Día das Galegas nas Letras
Reviewed by segadoras
on
12:14:00
Rating:

Pareceme xenial que haia este tipo de movementos! Felicidades :)
ResponderEliminarFelicidades, pareceme moi ben que haia este tipo de festexos
ResponderEliminar