![]() |
Emilia Salgueiro |
Por Eli Ríos
Hai
libros que, co paso do tempo, van madurecendo na memoria e, tempo
despois, volves encontrarte con eles. Ese instante de redescoberta
leva implícito un proceso lector de mudanza no que lemos, sendo unha
persoa diferente, as mesmas letras, as mesmas frases, o mesmo
poemario pero cun significado diferente. Diferente? Si porque temos
unhas experiencias vitais que nos achegan ou nos afastan da primeira
lectura.
O
pozo da ferida de Medos Romero foi publicado no 2006, pola
Deputación da Coruña, despois de acadar o Premio Gonzalez Garcés
de Poesía. Este poemario é dunha beleza inusual onde a linguaxe
carece de adubos innecesarios e preséntase sen artifícios para
denunciar a alienación do ser humano, a dor das mulleres que sofren
violencia en toda parte do mundo. A prostitución, as enfermidades de
transmisión sexual, os malos tratos, a pobreza, a ligazón á terra,
o espolio dos recursos naturais, o desterro, etc, habitan estes
versos chamándolle polo seu nome, sen eufemismos, a "ese xeito
de sermos/ negadas sen medida"1
as mulleres en calquera latitude.
Comentaba
a autora no Parlamento
das Letras que esta obra ten como eixo " a situación da
muller na sociedade actual, con ese grave problema de que aínda
moitos homes se cren donos de nós e non cesan de agredirnos para
recordarnos que mellor mortas que libres, independentes e donas dos
nosos destinos. " E é aquí, no 2014- oito anos despois-, cando
a actualidade levanta os pousos da memoria para poñer, de novo, en
vixencia versos feridos como:
Non
hai precisión
no
espanto.
En
nós o desgarro da pel
e
o seu pánico de mao allea,
o
vómito insostíbel.
Quizabes
resoou unha pregaria
curta
a destempo.
¡Así,
de xeonllos, puta!
Cravar
as unllas na terra
como
unha muller teupa.
E
o peor, o peor amansar o medo
como
quen amansa nun boi.2
E,
se nun primeiro momento lin este poemario coa xenreira e raiba
adolescente, hoxe achégome a esa dor da que falaba Medos porque "Non
nacín, nai, para a tortura/ da besta e o delírio./Non, para berrar
sempre/non."3
e fágome a mesma pregunta que Susana Sánchez Aríns:
pergunto-me
se as mulheres teremos país , un
país no que procurar "unha nova orde do mundo/desde a nosa
casa,/dentro de nós/desde a orde impecábel/das camisas, das
moreas/de trapos da memoria..."4
----------
1Romero,
Medos, O pozo da ferida, Deputación da Coruña, 2006, páx.29
2idem,
páx 21.
3idem,
páx 19.
4idem,
páx.63.
O pozo da ferida
Reviewed by segadoras
on
21:43:00
Rating:

Totalmente dacordo. As segundas lecturas son reveladoras non só polo noso cambio de perspectiva e a nosa experiencia vital, senón porque amosan que un bo libro sempre resiste ao paso do tempo.
ResponderEliminarMágoa que un tema como este, aínda que tan exquisitamente tratado, siga de actualidade. Definitivamente non temos país :(